domingo, 7 de maio de 2017

COMO VIVÍAN OS ROMANOS/AS


Ademais do libro como primeira referencia recomendada no stemas 6 " As etpas da vida" e 7 " A vida cotiá" podedes consultar para desenvolver as actividades os distintos vídeos e enlaces para complementar e ampliar que colgamos a continuación.  





Para procurar información na rede podes consultar:



- Gallaecia Romana: Lucus Augusti alto imperio e no baixo imperio

- Hispania Romana: Numancia (a conquista)  Mérida, Corduba: 


ou Tarraco  ou un enterramento en Edeta

COMO VIVÍAN OS GREGOS/AS

Ademais do libro da aula (tema 6 "As etaps da vida" e 7 "A vida cotiá" especialmente) como primeira consulta orientativa podes ampliar coñecementos en multitude de entradas que atoparás na internet:


Na rede tamén podemos atopar moita información en pequenos vídeos sobre o esencial da educación na Grecia antiga contrastando ademais os modelos de Atenas e Esparta, vexamos un par de breves exemplos:











sábado, 6 de maio de 2017

ATENAS VERSUS ROMA


Atenas fora a cidade máis importante da antigüidade no século V a.C., pero tras perder a Guerra do Peloponeso con Esparta e aparecer en escena os macedemonios, Filipo e o seu fillo Alexandre, os gregos quedaron supeditados a eles ata que emerxe o poder de Roma, que, a pesar das loitas internas, soubo constituírse nun imperio, o máis poderoso da época, ao longo de 500 anos.  O desenvolvemento de Roma foi logo ben distinto do de Atenas.
Tras das guerras Púnicas de Roma contra Cartago, Roma volverá a mirada cara á Hélade, aínda que os contactos cos gregos viñan de vello polas colonias que estes tiñan no sur da Península Itálica, Grecia será conquistada como ponte de expansión cara ao Mediterráneo oriental convertindo en provincias romanas Macedonia, Grecia que foi conquistada no 197 a.C. No ano 196 a. C., tras derrotar a Filipo V de Macedonia, Flaminino proclama retoricamente a liberdade dos helenos. É unha liberdade condicionada ao predominio romano, pero que proporciona  un respiro á esgotada Grecia continental: por fin unha certa pacificación permite, tras moitos anos de crise, reorganizar a economía e, con ela, os obradoiros artísticos. Unhas décadas despois, en Pidna (168 a. C.), cae vencido o rei Perseo de Macedonia, e as lexións romanas entran definitivamente en toda Grecia: agasallan a Atenas entregándolle o porto de Delos para axudala na súa reconstrución económica, pero, en cambio, deixan claro que non aceptan sublevacións e, para que sirva de escarmento, destrúen por completo Corinto (146 a. C.). Roma estab construíndo un novo Imperio. Logo virían Pérgamo, Bitinia, Siria, Cilicia, O Ponto, Xudea e as illas de Chipre e Creta. 

No transcurso desa expansión chegaría a Crise da República que coa figura de Xulio César verá transformarse Roma definitivamente nun gran imperio gobernada por emperadores.

 "Graecia capta ferum victorem cepit et artes intulit in agresti Latio."
 Grecia capturada conquistou ao seu fero conquistador e introduciu as artes no agreste Lacio.

Esta afortunada frase de Horario pode dar unha idea da visión que os romanos tiñan de Grecia e da súa cultura que entendían superior. Cando se estaba fundando Roma Homero e Hesíodo xa recitaran os seus versos épicos. Todos os autores clásicos viviron cando Roma estaba, digámolo así, na súa infancia.

 De feito para eles o grego era o idioma de prestixio e os máis ricos facíanse con escravos gregos para educar aos seus fillos no seu idioma. Sabemos que personaxes como Xulio César no seu proceso de formación intelectual pasaron un tempo nalgunha cidade de Grecia, como facían todas as persoas nobres. Os romanos cultos eran bilingües. Así veremos que non é estraño que un historiador latino do século I como Plutarco escriba seguindo o costume establecido en Roma para os historiadores, as súas biografías en grego. Este autor ademais concibiu no seu libro Vidas paralelas  unha curiosa comparación de coñecidas figuras gregas coas romanas partindo de características comúns. Por exemplo emparellou a Alexandre o magno con Xulio César e ao orador ateniense Demóstenes co romano Cicerón.


A pesar de todo houbo persoas que se resistiron a aprender grego, que practicaron unha reacción contraria á colonización cultural de Grecia como, por exemplo, o orador latino Catón. Roma, con todo non foi quen de superar culturalmente a Grecia, a concepción grega da vida non se impuxo en Roma. O que prevaleceu e se procurou manter e restaurar foi a antiga moral das matronas romanas. O luxo, o refinamento, unha sexualidade desinhiba sempre foron mal vistas en Roma.
Esa moral e costumes son as que reforzadas polo Cristianismo se impuxeron en Occidente e aínda hoxe nos falta certa alegría da vida que apreciamos en cambio noutras latitudes, xeralmente en Oriente.

venres, 5 de maio de 2017

ATENAS VERSUS ESPARTA

A pesar de funcionar ambas cidades grazas ao mesmo motor económico (o escravismo) no seu momento de maior esplendor, é dicir, o século V a.C. as dúas cidades presentan fórmulas de goberno e costumes ben distintas nas que paga a pena coñecer.









Cando loitaron xuntas souberon vencer aos grandes inimigos de Grecia, os Persas ou Medos, pero ese foi tamén o comezo dunha tensión entre ambas polis ao querer asegurar alianzas bélicas con outras polis a través das denominadas ligas ( a liga de Delos dirixida por Atenas e a liga do Peloponeso de Esparta ). Esta tensión vai derivar nun conflito autodestrutivo para ambas: A Guerra do Peloponeso. Esta guerra que tivo varias etapas entre treguas, fixo máis débiles ás cidades que finalmente serían sometidas polos tebanos e logo polos macedonios, Filipo e Alexandre, o Magno.









mércores, 26 de abril de 2017

MITOS DE PRIMAVERA

Como contaban os gregos aos seus fillos o cambio das estacións, iso do paso do frío e infértil inverno á doce e fecunda primavera?
Procuremos a información a través de tres mitos: 

I- O Rapto de Perséfone:



















1- Adiviña  cal destas esculturas de Bernini corresponde ao mito do Rapto de Perséfone.
2- Que historia de amor imposible recolle a segunda das esculturas? Relata o mito.

Para axudarte na solución das preguntas podes ver as seguintes montaxes:


Apolo e Dafne: Un amor imposible.


Orfeo e Eurídice:

Outra versión do mesmo mito: 



3- Quen era Orfeo? A quen se ofrecen as danzas iniciais da tribo que trouxo a chuva na primavera, que deusa se presenta grazas a súa música? logo hai outra danza na honra doutra deusa no tempo das colleitas a que deusa se dedican?
4- Quen era Eurídice? Quen era o personaxe que a persegue polo bosque?
5- Por que morre Eurídice? Que fai entón Orfeo?
6- Que lle sucede no Mundo dos Mortos? Quen o transporta ata a corte de Hades?
7- Puido liberar a Eurídice do mundo das sombras?
8- Resume como remata a vida de Orfeo.
9-A que illa contan que chegaron os restos de Orfeo? Por que será famosa esa illa?
10- Resume coas túas palabras o seguinte mito de primavera:


domingo, 23 de abril de 2017

AS GUERRAS QUE PROVOCARON O PASO DAS SOCIEDADES DA GENS ÁS ESCRAVISTAS

DE CARA AO IMPERIO:

Despois de ver o que ocorreu en Atenas e o que pasou en Roma durante o proceso de democratización interno temos que botarlle un ollo ao que sucedeu con ambas cidades de cara aos seus veciños, porque ambas pasarían tamén por situacións bélicas paralelas, a loita cos seus veciños. No caso de Atenas, a súa veciña Esparta pasará de ser unha aliada necesaria contra Persia nas Guerras Médicas a un inimigo nas guerras do Peloponeso e causa definitiva da frustración do seu imperio. no caso de Roma sometidos todos os pobos presentes na península Itálica, vai ter que enfrontarse a Cartago nas guerras Púnicas o que lle permitirá consolidar un imperio, neste caso si, nunha prolongada conquista de territorios cara ao Occidente e ao Oriente.





As guerra serán consecuencia da conquista de novas terras (aliadas nalgúns casos) e dun aumento moi significativo do número de escravos que  se convertirán en motor das novas sociedades militarizadas nas que a ambición de poder, as revoltas e asasinatos ou as guerras civís serán o camiño ineludible cara ao imperio.




A LOITA PATRICIO-PLEBEA POLA EQUIPARACIÓN DE DEREITOS EN ROMA


Un rei etrusco chamado Tarquinio foi o último dos sete reis que gobernou en Roma. A súa soberbia levouno a perder o poder e ser expulsado da cidade polos patricios no ano 509 a. C. Isto provocou unha guerra contra outras cidades etruscas que querían recuperar  Roma. Os romanos gañaron e Roma sería gobernada polos patricios, terratenentes que formaban o Senado, un consello de deliberación para os anteriores reis.

OS PATRICIOS: Eran as familias fundadoras de Roma e os seus descendentes que se repartían as terras propiedade comunal de Roma, o ager públicus, Pola súa linaxe ou orixe tiñan todos os dereitos políticos reunido en Asemblea (Comitia Curiata) escolleran aos reis durante a monarquía, Pero tras da expulsión destes van a exercer o poder dende o Senado (Consello de representantes das vellas familias patricias) e elixir anualmente aos maxistrados para que gobernen a cidade.

OS PLEBEOS: Os plebeos eran familias de pequenos campesiños, artesáns, obreiros e comerciantes chegados a Roma despois da súa fundación, polo que carecían de dereitos políticos (non podían participar de calquera dos órganos de goberno), pero como cidadáns que eran debían combater no exército e morrer pola cidade chegado o caso.  

 Así no ano 494 a.C. os plebeos ameazan aos patricios con marchar de Roma e fundar unha nova cidade se estes non conceden estes tres dereitos:
- Non perder a liberdade por impago de débedas.
- A creación dun maxistrado (Tribunos da plebe) con dereito a veto ante o Senado e os maxistrados.

- A creación dunha asemblea da plebe (concilia plebis).


A LOITA POLA EQUIPARACIÓN DE DEREITOS

Esta primeira folga xeral dos plebeos, foi o comezo dunha serie de reivindicacións que lograrán a equiparación de dereitos entre patricios e plebeos á altura do ano 287 a.c. Bótalle un ollo ao esquema deste proceso:

494 a.C. folga xeral plebea
451-449 a. C. Lei escrita
440 a.C.  permite os casamentos entre patricios e plebeos.
Do 409 a.C. ao 300 a.C. os plebeos van ir accedendo a cargos públicos como cuestura, consulado, censura, pretura, pontificado que antes eran exclusivos dos patricios.

287 a.C.A equiparación en dereitos é unha realidade dándolle o Senado forza de lei ás decisións das asambleas da plebe.

 A REPÚBLICA ROMANA; SENATUS POPULUSQUE ROMANUM (SPQR)

SENATUS: Era un consello de patricios experimentados (senes en latín: ancián). O Senado naceu na época da Monarquía, pero pasa a ser o centro neurálxico do sistema político romano durante á República, dominado polos patricios será a ferramenta máis poderosa para defender os seus privilexios.

POPULUS: O pobo votaba en asembleas ou comitia. As asembleas nas que o pobo podía exercer o seu dereito a elixir aos gobernantes, entre outros asuntos, pero en principio estas asembleas para votar  estaban só nas mans dos patricios. Logo apareceu a asemblea dos plebeos (Concilia plebis) para poder escoller aos seus propios maxistrados, os tribunos da plebe. 

Na época republicana será o Comitia centuraita (con unha gran maioría de patricios) quen escollera os cargos máis importantes ou con maior poder. A última asamblea era os Comitia tributa, con maioría de plebeos, inicialmente só válida para escoller cargos de menor importancia, pero coa equiparación de dereitos entre patricios e plebeos coa evolución da República será a asamblea máis democrática (un home un voto) e irá cobrando cada vez máis protagonismo ata ser crucial nos últimos momentos de crise da época republicana.

DO CURSUS HONORUM: Este é o nome que recibía a carreira política en Roma. Os distintos magistrati, maxistrados. Era o camiño a seguir para lograr ser cónsul, é dicir, primeiro ministro, e posteriormente senador, poder intervir directamente no goberno. Inicialmente exclusivo dos patricios, pero ao que van ir incorporándose pouco a pouco os plebeos, especialmente os máis ricos, claro está.

Como funcionaba a República Romana: