A) AS OLIMPÍADAS Imos comezar coas Olimpíadas como acontecemento singular da Grecia Arcaica. Imos visitar Olimpia e despois de ler cada unha das entradas seguintes ademais de realizar o cuestionario final, cada quen resumirá a súa viaxe ás Olimpíadas antigas deixándose levar do seu gusto escollendo como mínimo dous aspectos nos que debe afondar.
A CREACIÓN LITERARIA: O TEATRO (tema 11 páx 160-163)
3-LECTURA DUNHA TRAXEDIA GREGA: ELECTRA de Sófocles
-Introdución: Sófocles e a traxedia grega.
- A traxedia grega características xerais.
- Características do teatro de Sófocles.
- Electra e a influencia posterior da personaxe.
- Actividades de comprensión e lectura.
- Texto da traxedia.
Virxilio o autor da Eneida morreu no ano 19 do século I a.C. sen
poder rematar esta obra que era un encargo de Augusto polo que, no seu leito de morte, mandou queimar os manuscritos. Pero o emperador impediu que fose pasto do lume para lograr así contar cun relato que unía a súa familia coa estirpe de Eneas.
A Eneida de Virxilio e outros textos contaban as cousas como se foran feitas exclusivamente por homes, fóra da anécdota da loba:
CUESTIÓNS: Procura coñecer as circunstancias, explicar as distintas escenas e personaxes que teñen relación coa fundación de Roma, pero sobre todo ten moi presente de forma crítica a visión da muller que se amosa nestes episodios mitolóxicos. Poñámos a vista non só nos homes protagonistas e verás como o papel das mulleres no relato anterior foi claramente amputado. Nós non o faremos. Podes ver para comezar a Lenda de Eneas
I- As tres Mulleres de Eneas, unha longa viaxe DE TROIA A ROMA.
Eneas, Creúsa, Anquises e Iulo Ascanio fuxindo de Troia.
Suicidio de Dido, raíña de Cartago.
AS MULLERES E ENEAS
1-Con quen tivo ao seu fillo mortal
Afrodita ?
2-Na caída de Troia que pasou con
Creúsa?
3-Quen era Dido e que relación ten con Eneas ?
4-Cando Eneas chega a Italia, con
que muller se encontra e que problemas ten que resolver ?
5-Quen fundou e que foi Alba Longa?
6-Por que Eneas no seu camiño dende
Troia a Italia se encontra con tantas mulleres.... Por que lle pasa a cada unha algo (unha
desaparecida a causa da sogra, outra
suicidase por amor ...) Cal é o motivo?
Que hai de estraño detrás de todo isto relacionado coa condición feminina?
Marte e Rea Silvia, sacerdotisa de Vesta a deusa do lume do fogar
II-A nai de Rómulo e Remo, a descendencia de Eneas no Lacio.
1. Quen era Rea Silvia?
2. Por que Amulio quería matar a Rea Silvia?
3. Que é unha vestal?
4. Que fixo Marte con Rea Silvia?
5. Que pasou con Rea Silvia ao final?
6. Elixe a unha muller famosa da actualidade
que se pareza a Rea Silvia, no sentido de que a pesar de que llo quitaron todo,
ela conseguiu seguir adiante.
III- A loba que aleita a dous xemelgos e a fundación de Roma ao pé do río Tiber.
LUPERCA OU LUPA CAPITOLINA
1-Como se chama a Loba que segundo a
mitoloxía romana amamantou a Rómulo e Remo?
2-Por que hai dúbida de que Lupa
fose unha loba ou unha prostituta?
3-Significado da palabra Roma
segundo a orixe indoeuropea.
4-Con quen fundou Rómulo o colexio
“Frates Arvales”?
5-Nome do pastor que salvou aos
xemelgos.
6-Dentro desta historia non che
parece curioso que haxa dúas versións de historias “mulleres” pero cun mesmo
fin? (o crecemento dos xemelgos).
IV- O nome de Roma e do Río Tiber e os Etruscos. Serían eles os verdadeiros fundadores de Roma? V- O rapto das Sabinas e Tarpeia.
O rapto das Sabinas
A traición de Tarpeia
As Sabinas no medio do exército dos exércitos.
1- Rómulo e Remo que farían por Numitor?
2-Por que morreu Remo?
3-Por que decidiron raptar as
sabinas?
4-Que fixeron as mulleres para
acabar coa guerra?
5-Todos coñecemos a Rómulo, pero non
o nome da súa muller sabina, Hersila. Deberia ter a misma importancia? Por que?
VI- Que hai de certo en todos estes relatos míticos e lendas? Como foi o proceso de creación da cidade de Roma na realidade?
1. Porque hai unha rocha co nome de Tarpeia? E
por que se recoñece a Tarpeia como un elemento de traizón?
2. Quen gañou a batalla dos Curiacios e
Horacios? E como gañou?
3. Cal foi o cumio sobre o que se fundou Roma?
4. Cres que é casualidade que haxa sete reis,
sete cumios e sete xeracións de reis albanos? Por que é así?
5. Nomea os nomes e a súa orixe das tribos da
Antiga Roma.
VII- Sete colinas, sete reis e unha muller.
A violación de Lucrecia
A morte de Lucrecia que provoca unha revolta en Roma.
- LUCRECIA A MULLER QUE REMATOU COA MONARQUÍA
ROMANA
1- Quen eran os Etruscos?
2- Que relación tiñan os Latinos e os Sabinos
cos etruscos?
3- Quen era Lucrecia?
4- Por
que se quitou a vida? Como e ante quen o fai?
5- Que provocou a morte de Lucrecia? Que logo
entre os romanos e os etruscos?
6- Que diferenza había entre Monarquía e
República na antiga Roma?
QUE HAI DE GREGO E DE LATÍN NAS LINGUAS QUE EU FALO?
O galego, como ben sabedes é unha lingua romance ou neolatina, filla do latín e o 80% do seu léxico ten esta orixe. Outro tanto lle ocorre as outras linguas irmás do galego: portugués, castelán, catalá, francés, italiano, romanés... somos consecuencia da Romanización e posterior Latinización dunha gran parte de Europa.
No territorio que hoxe é Galicia falábanse diversas linguas que coa chegada dos romanos desaparecerán, aínda que parece que deixaron algunha pegada na lingua que falamos actualmente. Daquelas linguas prerromanas, anteriores aos romanos, só conservamos hoxe na península unha, o éuscaro, que, como seguro xa sabes, tampouco é indoeuropea.
Como outros idiomas o galego incorporou ademais palabras que non proceden do latín vulgar "vulgaris" ou común. Sabemos que na nosa península, e mesmo en Gallaecia, antes da chegada dos romanos había diversidade de linguas e estas inflúen dalgún xeito como linguas de substrato, primeiro no tipo de latín que se vai falar nestas terras e, máis tarde, na lingua romance. Despois da caída do Imperio Romano e da desintegración do mesmo influiría nas linguas romances resultantes a entrada dos pobos xermanos e tamén a dos árabes (linguas denominadas de superestrato), algo máis tarde, pero pouco antes de conformaren esas linguas distintas do latín na alta Idade Media.
O latín, en todo caso funciona coma un fondo caixón ao que acudimos cando precisamos unha nova palabra, un novo concepto. Vexamos un par de exemplos. A palabra coa que denominamos a un reprodurtor de imaxes en movemento foi bautizada no século XX como "video" que vén sendo a 1ª persoa do verbo ver en latín. Algo semellente ocorreu á hora de procurar un nome para os que navegan pola rede: "inter-nautas" un prefixo e un substantivo latinos. logo o latín a día de hoxe nos segue nutrindo de palabras e enriquecendo, non está tan morta como algúns a pintan e segue sendo esta magnífica chave coa que abrimos o mundo que é a lingua.
Por veces, ese labor de reelaboración de palabras vén da man do grego, especialmente nas terminoloxías científicas. Cómpre que nós, estudantes desta materia, recoñezamos que hai destas dúas grandes linguas de cultura e da Antigüidade Clásica nos idiomas que falamos habitualmente. Antes reparemos no proceso de transformacións das palabras.
AS PALABRAS PATRIMONIAIS.
as palabras de orixe latina entraron na nosa lingua en distintos momentos e de maneira diferente. Namentres o latín literario se mantivo como lingua de cultura de Occidente durante moitos séculos, ao mesmo tempo o denominado latín vulgar, lingua do pobo, ía transformándose e converténdose nas linguas románicas. na fase de xestación destas linguas neolatinas, transmitidas as palabras de oído e entre xentes sen coñecementos literarios foron evolucionando e asentando novas palabras populares ou patrimoniais de formas latinas como filium, noctem, pluviam pasaron a ser fillo, noite e chuvia.
CULTISMOS E PARES LÉXICOS
Unha vez consolidadas as linguas romances o latín clásico seguiría sendo usado nas escolas e clases cultivadas. Desta maneira cando unha persoa necesitaba un termo que non existía na lingua romance correspondente, tiraba do latín clásico para expresar ese concepto incorporando palabras denominadas cultas, palabras recentes que xa non van evolucionar ou evolucionan pouco con respecto aos étimos, ou palabras orixinarias, das que proceden: filial, nocturno, pluviómetro son palabras cultas ou cultismos. Este proceso de incorporación de cultismos ás linguas romances, que comezou aló polo século XIII na época de Afonso X o Sabio, non se detivo nunca e nos nosos días segue sendo unha fonte permanente de incorporación de novos vocablos. palabras como astronauta ou internauta, proceden daquel étimo latino "nauta" que significaba mariñeiro.
As lingua romances está logo cheas de pares léxicos, un fenómeno bastante frecuente, ao poder convivir unha palabra patrimonial e unha culta, esta máis erudita, que proceden dun mesmo étimo latino:
SEMICULTISMOS
Os semicultismos son palabras que frearon a súa evolución por algunha causa e quedaron a medio camiño entre unha palabra patrimonial máis evolucionada e outra culta:
étimo latino palabra culta / semicultismo / patrimonial
plenum pleno preamar cheo
regulam regular regra rella
Logo o latín non é unha lingua morta, é unha lingua escrita, núcleo das linguas románicas, nas que pervive en determinados niveis.
LATINISMOS
Na lingua aculta úsanse palabras e expresións enteiramente latinas: álbum, accesit, hábitat, etcétera, gratis, ipso facto, post data, referendum...(Podes saber algo máis na páxina 15 do libro).
Nas próximas entradas traballaremos as evolucións máis frecuentes e as distintas regras que podemos deducir das mesmas, despois de estudar as distintas etapas polas que pasou o latín, así como facer referencia a un importante grupo de latinismos que usamos. Abordaremos tamén os procesos de derivación e composición, pero antes quixeramos rematar a presente entrada cunha referencia ao nosos Helenismos, é dicir, as palabras gregas que existen na nosa lingua.
HELENISMOS
O grego clásico, o que falaban e escribían os gregos no século V a.C. foi considerada polos romanos a lingua de Cultura do seu Imperio ( que abarcaba gran parte de Europa) polo que foi deixando importantes pegadas tanto no latín como, a posteriori, nas linguas herdeiras do latín e, en xeral, nas linguas de occidente ao ser considerado un todo a cultura greco-latina. Ademais de formar parte dun conxunto de prefixos e sufixos da nosa lingua (hiper-tensión/ dermat-ite), de formar parte dun rico conxunto de palabras compostas con algunha compoñente grega (antropónimo, homofobia) que tamén aboradaremos nunha próxima entrada en detalle, imos facer mención a continuación dunha serie de helenismos asociados ao campo das Ciencias que sufriron pouca ou ningunha modificación, tomadas directamente do grego ou creadas despois seguindo os mesmos procedementos para designar novas realidades científicas ou técnicas: telégrafo, teléfono, psicoanálise...
Hai tamén palabras que se reproducen tal e como soaban en grego "eureka" (atopeino) para designar un descubrimento, ou "panta rei" (todo flúe) para indicar un cambio.
CUESTIÓNS:
1- Define: Palabras patrimoniais, cultas e semicultismos. Que son os latinismos? Para sabelo podes usar o noso libro de texto como fonte de información. Ler o libro de texto nas páxinas 12, 13, 14 e 15 e realizar os exercicios que conteñen ditas páxinas.
2- Que é un helenismo? Tamén no libro existe unha sección dedicada ao noso léxico derivado do grego en cada unidade. Imos comezar por traballar as actividades número 5-6-7-8 das páxinas 23 e 37 do noso libro.
A configuración do chamado Olimpo dos deuses é unha cuestión un tanto complexa que imos estudar e investigar á vez, agrupando os distintos momentos de formación do Olimpo en catro epígrafes:
- Os amores de Zeus.
- A convulsa relación entre Zeus e Hera.
- Novos ataques contra o Olimpo: Xigantomaquia e Tifonomaquia.
- O Olimpo dos deuses.
OS AMORES DE ZEUS
Cando os irmáns e as irmás de Zeus foron liberados da bandullo de Cronos, estes fuxiron cara ao monte Olimpo considerando ao seu salvador dende ese momento pai dos deuses.
Tras da derrota dos Titáns, Zeus, como pai dos deuses,compartiu o poder cos seus irmáns e, tras dun sorteo, os dominios dos mares foron para Poseidón e o mundo subterráneo foi concedido a Hades, quedándose coa superficie terrestre e os ceos o propio Zeus. As deusas tiveron a encomenda de facilitar a vida aos mortais, por iso, Deméter sería deusa das colleitas e Hestia a do lume e o fogar. Como veremos máis adiante reservou un papel ben distinto para Hera, a máis nova das súas irmás, que permanecera durante a loita cos Titáns afastada das batallas a carón da Titánide Tetis e de Océano, o maior dos Titáns que foi neutral na Titanomaquia como o resto das Titánides.
Imos realizar un traballo persoal cos denominados amores de Zeus. Cada un dos alumnos/as da clase deberá tratar sobre os máis famosos amores de
Zeus. Sabemos que Zeus, aínda que houbo un tempo en que se lle pasara pola
cabeza ter relacions con Tetis, soubo o segredo de Prometeo e rexeitou casar con ela.
Pero Zeus tivo numerosas aventuras amorosas con deidades e mortais:
Zeus e as Titánides:
- Xa coñecemos a relación
con Metis da que nacerá Atenea.
A CONVULSA RELACIÓN DE ZEUS CON HERA Hera, filla de Cronos e de Rea, tras ser liberada do estómago do seu pai, dicíase que, durante a loita de Zeus contra os Titáns, fora criada polo seu tío o Titán neutral Océano e a titánide Tetis ata que casa con Zeus. Seica da promesa do casamento ata a propia voda pasou certo tempo. Hesíodo fala de Hera como a terceira muller. Unha das cuestións máis complexas de explicar é a da súa descendencia, porque ademais dos fillos que tivo con Zeus. Algúns dos fillos desta parella nacen antes da súa voda, como por exemplo Hefesto, que hai quen afirma que non era fillo de Zeus, outros que si, que o fixo baixo a apariencia dun cuco. Outros despois Ares, Ilitía, Hebe e, tal vez, Éride (se esta non nacera da Noite como conta Hesíodo).
As frecuentes infidelidades de Zeus provocanos ciumes de Hera, que vai perseguir de forma implacable ás amantes do seu marido infiel e a súa descendencia. Un dos casos máis coñecidos desta persecución será a orixe dun dos seus símbolos, a transformación de Argos en pavo real. Zeus e Hera van ser un matrimonio mal avenido, con discusións permanentes. De aí que haxa varios momentos realmente tensos como no que hera organiza unha rebelión dos Olímpicos contra Zeus polo que vai ser severamente castigada.
CURIOSEANDO NOS AMORES DE ZEUS (I) 1- Resume nun parágrafo cada unha das historias dos 16 amores de Zeus con deusas e con mortais.
2-Procura saber e asociar as seguintes transformacións cunha das relacións de Zeus e algunha das mortais citadas máis arriba: Raio, chuvia dourada, touro branco, cisne, Anfitrión, aguia.
3-Por que ou para que Zeus se fai pasar por un cuco?
4- Hefesto era coxo de nacemento? Como se vinga da súa nai?
5-Onde se celebraron as vodas de Zeus e Hera?
6-Quen era Argos? Por que remata sendo un pavo real?
7-Cal é o símbolo que representa a Hera como deusa do matrimonio-fecundidade?
ATAQUES CONTRA O OLIMPO
Como se pode apreciar neste vídeo Zeus e o propio Olimpo (que xa vimos), como símbolo da orde xusta das cousas no mundo tarda un tanto en estar asentado. Desde o Tártaro, é dicir, o antigo Caos, xorde unha loita en varias ocasións por volver atrás nun intento de arrebarlles aos deuses olímpicos o poder sobre o Cosmos. Mesmo as desputas internas entre Hera e Zeus provocan inestabilidade como acabamos de relatar. Hai dous momentos que son, de todos os xeitos, os máis destacados: A Xigantomaquia e a Tifonomaquia.
A XIGANTOMAQUIA
Este relato non aparece en Hesíodo polo que resulta complexo situalo no relato ordenado da mitoloxía grega. Foi, sen lugar a dubidas, despois da chegada da humanidade. Tras da Titanomaquia vai pasar un tempo impreciso ata que Xea, indignada pola sorte dos Titáns castigados no Tártaro e vixiados polos Ciclopes e Hecatonquiros por orde de Zeus, enxendre aos Xigantes, monstruosos seres fillos do sangue do Urano que este derramara sobre a Terra. Nacen para vingar aos Titáns. Pero os xigantes só serán derrotados grazas a un ser nacido de Zeus, produto dunha das súas relacións cunha mortal. Este heroe foi Heracles.
A TIFONOMAQUIA Hesíodo narra tamén un intento de Xea de vingar aos Titáns. Uníndose ao Tártaro enxendra un ser terrible. Os deuses asustados foxen do Olimpo e metarmofeándose, Zeus enfrontonse en solitario cos seus raios, pero Tifón inmobilizouno cos seus espirais, cortoulle os tendóns das mans e das pernas, encerrándoo nunha cova ata que Hermes logrou recompoñer ao seu pai que, recuperada a súa forza e cos seus raios persegue a Tifón ata que finalmente conseguirá derrotalo en Sicilia colocándolle enriba o Monte Etna do que dende entón brotan bocanadas de lume.
Hai que dicir que sobre o nacemento de Tifón hai versións que aseguran fora enxendrado por Hera reunindo nunha soa as tensións que Zeus e o Olimpo sofre antes de permaneceren asentado para sempre.
OS DEUSES DO OLIMPO
Para rematar esta viaxe persoal ao Olimpo procura realizar un teu cadro coa lista dos deuses cos seus dous nomes (grego e latino), os seus atributos e símbolos.
- Antes de ler e contar mitos. Que debemos saber? As relacións do mito e a relixión. As dúas compoñentes da relixión e da mitoloxía grega.
- Que vén sendo un mito? A definición da mitoloxía. Os Aedos e Homero. A evolución da mitoloxía e a súa relación coa Historia, Literatura, Plástica. Filosofía, Teatro.... Por que é orixinal a mitoloxía grega?
A COSMOGONÍA - A Teogonía de Hesíodo e as Metamorfoses de Ovidio.
- Do Caos ao Cosmos. A primeira xeración de deuses gregos.
- Os Titáns: Cronos e Rea.
A FAMILIA DE LINGUAS INDOEUROPEAS.
- Definición e descuberta do indoeuropeo (o método comparativo). Expansión das tribos indoeuropeas por Europa e Asia dende o seu lugar de orixe. As distintas familias de linguas indoeuropeas e a súa evolución no continente europeo. O mapa actual de linguas de Europa (linguas indoeuropeas e non indoeuropeas do noso continente).
O MARABILLOSO INVENTO DAS LETRAS - Dos Pictogramas e outros sistemas sen son aos xerogríficos (que xa se podían ler).
- Dos silabarios aos alfabetos.
- Os soportes das letras.
- Por que é tan importante a pedra da Rosetta nesta historia?
- Dende Fenicia a Grecia, e logo o seu paso a Roma. A evolución das nosas letras.
- O Alfabeto grego.
- Sócrates e a escritura.
- As letras sobre a pedra