Poucas veces temos como este ano unha ocasión en fundir o galego co mundo clásico a partir das letras galegas como este ano con motivo da homenaxe á escritora Begoña Caamañoautora dunha novela realmente ben feita e moi interesante á hora de estudar o mito e a súa recreación.
Imos ler como interpreta o mito Begoña en primeiro lugar, despois de ter traballado sobre a Odisea, imos coñecer como recrea a Penélope e a Circe no seu libro titulado Circe e o pracer do azul. Usaremos ademais as propias palabras da autora homenaxeada que un ano despois de publicar a novela citada, deu unha charla e escrinbiu este texto que imos consultar:
LECTURA SOBRE A CREACIÓN DE CIRCE E O PRACER DO AZUL
Actividade a incorporar ao teu caderno de Cultura...procura ti agora a Penélope que retratou Rosalía de Castro a partir da información que nos ofrece Begoña Caamaño no texto que vés de ler...
Tecín soia a miña tea. Follas Novas (1880)
Rosalía de Castro (En las orillas del Sar (1884), poema: "Desde los cuatro puntos cardinales"
logo procura do famoso poema de de Xohana Torres: En tempos de ría (1992)
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
QUE incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Apuntamento lingüístico: *Unha casualidade que lle debemos a Marilar Aleixandre:
ἱστός ὁ (subst.) 'mastro', 'travesaño de tear'
desde micénico e Homero
Orixe → ἵστημι 'estar oo poñer a pé' , na forma ἱστ- + -ος; etimoloxía en ἵστημι.
A modo de epílogo, recollendo ideas para o noso vídeo: Algo que fixo Begoña Caamaño foi remitificar, é dicir, ler desde a actualidade e cun profundo sentido crítico a mitioloxía, Calquera personaxe mitolóxico deste xeito medra mesmo sendo totalmente diferente ao que era no vello mito.
Un exemplo tomando como referencia o libro de Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño.
O fillo de Penélope con Ulises era Telémaco Τηλέμαχος Têlémakhos, traducido como "distante combatente" e o de Circe con Odiseo será: Τηλέγονος Têlégonos, ‘nacido lonxe’)
Palabras de Begoña Caamaño cara ao final da novela:
....Estou preñada de Ulises, miña señora! Hai xa dúas semanas que o menstrou non acode á súa puntual cita. Tampouco non facían falta estes atrasos. Desde o primeiro momento fun consciente da miña gravidez. E sei ademais que é un home, un pequeno Ulises, este si froito do amor e cuxa chegada ao mundo agardo con alegre impaciencia, non só por canto ha de supor de ledicia e de mingua da miña dor pola ausencia do seu pai, o meu ben amado, senón tamén para comprobar se eu, divindade matriarcal, son capaz de educar un home de xeito tan diferente que poida renacer en todas nós a esperanza do regreso aos tempos onde as mulleres, deusas ou mortais, non eramos asoballadas e desprezadas....
Ademais o retrouso de María López Sández 'Circe ou o pracer de azul' e as outras formas de ser home.
Esa lección resulta necesaria non só para o feminismo, senón tamén para a lingua e para a cultura galega. Cómpre comprender con lucidez a complexidade do presente, as ameazas, os retrocesos, as inercias que pesan sobre nós. Mais cómpre tamén conservar a capacidade de imaxinar un futuro posible, compartido e vibrante. Como na literatura de Begoña Caamaño, non abonda con denunciar o mundo herdado: é preciso reescribilo. E facelo coa intelixencia crítica de quen coñece a dor, mais tamén coa alegría radical de quen non renuncia á esperanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario