Un momento da traxedia: ECO e NARCISO 3º ESO A |
Un momento da comedia: ATALANTA de 3º ESO B |
O traballo que comezou coa lectura de obras de teatro clásicas, que pasou pola asistencia á representación en Ourense no mes de abril de dúas pezas, unha grega e outra romana, concluíu hoxe coa representación das nosas propias creacións:
PANDORA, a primeira muller
ECO E NARCISO por parte de 3º da ESO A
ATALANTA, unha heroina nun mundo de heroes
e TROIANAS, botín de guerra por parte de 3º da ESO B
É certo que no concurso competimos coas obras doutros cursos e que, no caso de 4º da ESO de Letras, o listón estaba ben alto, pero os nosos actores e actrices fixeron un traballo óptimo e á altura que se esperaba. Sabíamos que as obras 4º da ESO B eran realmente favoritas, eles teñen máis experiencia teatral, aínda que tamén había no seu grupo alumnos/as que participaban, coma a maioría de nós, por vez primeira nunha montaxe deste tipo. De feito cos votos de todos os presentes, mesmo os nosos recoñecemos que a mellor traxedia fora ANTIGONA e que a mellor comedia A REVOLTA DAS SABINAS, mesmo que o mellor actor foi Manuel Albariñas e a mellor actriz Andrea Iglesias, pero os nosos actores RUBÉN CARNERO e ANTÍA COTO e de 3º ESO A, MANUEL OTERO e ANTÍA SESTELO de 3º da ESO B lograron unha posición moi notable, equivalente ao que en termos olímpicos sería estar no podio con medallas de prata e/ou bronce, aos que habería que engardir outros traballos actorais de gran calidade de OLIVER e ALEXIA de 3º A ou de BELÉN, UXÍA e ZAIRA de 3º ESO B, non sempre ben recoñecibles a través do tipo de votación simple que se propuxo aos espectadores. En todo caso o importante foi participar e disfroitar desta xornada onde a voz das mulleres desta volta non foi silenciada.
Non quixéramos rematar sen utilizar esta entrada no blog para agradecer agora coas palabras do profesor que nos dirixiu, o voso mestre de Cultura Clásica, o gran esforzo e a ilusión coa que tomastes este proxecto e como foi botando a andar tomando corpo aumentando en intensidade e interese e finalmente se fixo realidade. Foi moi agradable todo este proceso de ir construíndo as traxedias e as comedias, e irvos vendo medrar e medrar en compromiso e resolución. Se algo teño que destacar de todos e todas vós foi a entrega e a confianza no grupo que fostes, o máis interesante sempre o proceso o camiño duro dos ensaios que logo rematan nunha representación, que si tivo defectos (sempre os hai, sempre se pode mellorar) pero que alcanzaron todas un notable acababo. Graciñas a todos e a todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario