SOL INVICTUS ET SATURNALIA
Investigar sobre estas festas en Grecia e Roma...
O fanum e o templum nun só elemeneto: A árbore.
Investigar sobre estas festas en Grecia e Roma...
O fanum e o templum nun só elemeneto: A árbore.
- Todo flúe, nada permanece.
- O nú, unha invención grega.
- O marabilloso invento das letras
Unidade I: Achegamento á Mitoloxía Grega:
- Cosmogonía (as deusas/es)
- O Segredo de Prometeo (os/as mortais)
Unidade II: Historia da Grecia Antiga (I)
- Etapas da Historia da Grecia Antiga
- De Creta a Micenas: Minoicos e Micénicos
- Minoicos, lineal A e Arthur Evans e Cnossos
- Europa, Minos, Minotauro e Dédalo (arte e literatura)
- As invasións indoeuropeas e Micenas
Unidade III- Troia
- A Troia da arqueoloxía: H. Schliemann (tres primeiros vídeos)
UNIDADE 0: SER E FLUÍR: CULTURA CLÁSICA (Introdución)
- O marabilloso invento das Letras. Alfabeto grego (Cuestionario).
- O espazo da mitoloxía grega. Introdución á Mitoloxía (Cuestionario e cuestións)
- Cosmogonía: Caos e Cosmos. Xea e Urano. Os Titáns e a Titanomaquía. (Cuestións)
- Zeus: Proposta do 1º traballo do curso, pendente de exposición.
-Deuses e mortais: (Investigación. Lecturas e cuestionario)
- O segredo de Prometeo (I) (Cuestionario)
UNIDADE II: A HISTORIA DA GRECIA ANTIGA
- Creta: Espazos, como vivían os cretenses, Lineal A (cuestionarios)
- O rapto de Europa (investigación e cuestionario) Minos (cuestionarios)
- Dédalo e Ícaro (cuestionario)
- Asterión de Borges e Labirinto de Picasso (actividades)
- Creta versus Micenas. (Redacción)
AS PRIMEIRAS ETAPAS DA HISTORIA DA GRECIA ANTIGA
CRETA:
a) Espazos
![]() |
Murais do Palacio de Cnossos. Nótase a clara influencia exipcia por exemplo nas persoas coa cor distinta, vermella (homes) e branca (mulleres) |
f) Da Casa de Asterión de Borges ao labirinto de Picasso.
g) As invasións indoeuropeas. Os Aqueos en Micenas.
CAOS E COSMOS: Xea e Urano.
COSMOGONÍA (II): Cronos e Rea. Titánides e Titáns
1º TRABALLO DO CURSO.
Sorteamos deuses/as para realizar o primeiro traballo do curso cun deus como referente. O traballo consiste en:
- Información sobre a divindade. Estruturar a información.
- Redacción escrita e ilustrada (formato dixital en power point) máximo 20 diapositivas.
- Exposición na aula no 1º trimentre. (duración aproximada 15 minutos). Non se pode ler.
ás voces da natureza da que forma parte" Eduardo Galeano
Somos cultos ao integrar no eu ao outro e á natureza na que vivimos e da que nos alimentamos como persoas. Logo esta cuestión do ser implica unha comuñón co espazo e coa comunidade na que nacemos. Cal é o espazo da Cultura Clásica? Poderiamos pensar que Grecia e Roma, pero non, o espazo é maior. É toda Europa e tamén aquel lugar do Mediterráneo oriental onde naceu a princesa que deu nome ao continente. Imos comezar logo por debuxar ese espazo para achegarmos ao mundo antigo para logo introducirnos nunha das creacións máis orixinais e impactantes dos gregos: O mito.
ACTIVIDADE: O primeiro exercicio que propoñemos é debuxar a Europa que coñecemos incluíndo o mar Mediterráneo coas súas penínsulas: Ibérica, Itálica, Grega, Turquía... poñamos un interese especial na zona oriental deste das terras que bañan este mar.
Quen non se detivo fronte a unha vista como esta a reflexionar?
Un pensador grego en Éfeso (a actual Turquía) chamado Heráclito deixou enunciada esta sentencia filosófica: Todo flúe, nada permanece. Evidenciou o constante cambio ao que está sometida a natureza, mesmo os seres humanos, pois el dicía tamén: "Ningunha persoa se pode bañar dúas veces no mesmo río, porque o río non é o mesmo, nin a persoa tampouco".
Vivimos nunha ría un lugar moi especial porque parece ser ese punto de encontro entre dúas naturezas ben distintas: a terra e o mar. A terra e o mar son elementos naturais cambiantes que nos vertebran polo tanto son parte de nós mesmos. Realidades coas que convivimos e das que precisamos, logo son realidades que determinan a nosa personalidade, condicionan e definen o noso ser. Se queremos establecer unha metáfora coa nosa existencia, a ría volve a lembrarnos co seu fluír constante, coas súas marés cambiantes aqueles versos:
Nuestras vidas son los ríos
que va a dar a la mar que es el morir...
Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique
E agora subindo, e agora baixando,
unhas veces con luz e outras a cegas,
cumprimos os nosos días e chegamos
máis tarde ou máis cedo á ribeira.
Rosalía de Castro
Estes versos lévannos a un tópico literario co que comezar o curso...cal será?
Por outra banda, Marín ten no seu escudo unha lenda ben curiosa: NOSTRA IN MARE FORTUNA.
Que quererá dicir este lema do noso escudo?O Fortuna
velut luna
statu variabilis,
semper crescis
aut decrescis;
Como podemos vivir o pasado? Onde podemos aprender quen somos? En moitos lugares do tempo vivido pola humanidade, pero sobre todo nas raíces da nosa cultura que manteñen co nós de hoxe fortes vínculos e conexións. Un deses lugares no tempo é GRECIA, a ANTIGA GRECIA. Ata alí iremos da única forma que podemos viaxar a través do tempo que son os restos arqueolóxicos e artísticos que conservamos, a xeografía, a literatura e a filosofía, o teatro, os mitos, a historia e lingua, todo o que aínda gardamos da súa cultura, Olimpia e as Olímpíadas incluídas.
CULTURA polo tanto será o
que mamemos da propia teta desa Europa moderna na que vivimos, e será CLÁSICA
porque é modelo, padrón ou medida dun mundo, o seu, o da Antiga Hélade, o mundo
da Antiga Grecia (hai 2500 anos).
A dimensión do ser na GRECIA ANTIGA será logo o modelo do que partiremos, mais coñecer ese padrón non basta con observar as copias ou os orixinais das esculturas de homes e mulleres daquela época. A visión da escultura, os volumes e mesmo as cerámicas, columnas e templos que conservamos non son máis que un punto de partida para interpretar o pasado, sempre, sempre dende o presente o que nos permite incorporar a esa mirada unha perspectiva singular.
Como seguramente observaches na foto inicial hai unha estatua dun home nú. O espido é unha forma de ser para os gregos. Os corpos que os gregos esculpiron na época clásica, unha mirada fonda que precisou a súa vez dun tempo. Produto, pois, dunha evolución que nós recibimos en herdanza. Cando dicimos nós é a sociedade occidental e europea de hoxe que recolle a colleita do grego con especial fervor porque nela está en esencia unha gran parte de eu, do nós que somos. Para interpretala, para interpelala axúdanos moito tamén a cultura latina que Roma estendeu co seu imperio da man da grega, porque a ANTIGA ROMA tamén foi conquistada polo saber dos gregos.
A seguir reproducimos as
palabras que Sophia de Mello escribiu como introdución ao seu libro: O nú na
antiguidade clásica:
" O nu é unha invención grega. No Exipto, na Asiria, na Caldeia, o nu é apenas unha maneira de vestir. Mais o pensamento grego cre na aletheia, cre no non cuberto, no non oculto, procra o ser non cuberto, espido.
Desde o inicio o escultor grego, fundamentalmente colócase non en fronte do ser humano vestido con armadura de guerreiro ou vestuario de escravo, sacerdote ou príncipe, pero si fronte ao espido do ser humano en si. Porque cre que o ser está na phisis, o grago cre que o ser está no mundo en que estamos. Para o asirio, pra o exipcio, par ao Caldeo, a verdade do ser está noutro mundo, no mundo do sagrado exterior ao universo e oculto. Pero o grego cre no divino interior ao universo. ë neste mundo, no estar, no parecer, na aletheia, que el busca o ser.
A este mundo en que está o grego chama kosmos. Mais Kosmos, oposto a chaos, non significa outra cousa qu emundo ordenado e fermoso.
Esta orde é en si mesma creadora e divina; e ao esculpir un corpo o artista grego tenta mostrar a relación do ser humano coa orde que éa íntima estrutura do kosmos, da phisis, do mundo do cal o ser humano brota e se ergue.
O corpo humano paa o
artista grego non é un modelo senón un padrón. E é un fenómeno en que o ser se
manifesta, emerxe e brilla. é ser, estar , aparecer... Deste xeito no corpo
humano o artista grego le a orde do mundo onde está...."
Concluímos logo esta primeira aula dando grazas a Grecia polo que nos deu:
ACTIVIDADE: Tras ver o vídeo.
1- Enumera as distintas palabras e disciplinas ou materias que podemos relacionar coa Grecia Clásica.
2- Sabes polos que temos
que dar as grazas. Como se di "Grazas" en grego:
3- Un deses motivos de agradecemento é a causa das letras. Foron os gregos os que nos legaron o alfabeto. Aprendemos o alfabeto grego ?
As lecturas que recomendamos a seguir responden a gustos diversos de lectura:
Para quen lle guste o ensaio: O INFINITO NUN XUNCO de Irene Vallejo en Xerais.Para quen lle guste unha novela xuvenil na Roma imperial: YO CLAUDIA de Marilyn Todd
Pensando con fondura mitoloxía grega: CIRCE OU O PRACER DO AZUL, de Begoña Caamaño Editorial Galaxia.
THEATRUM MUNDI: A vida concibida como un teatro cuxos/as protagonistas son os propios seres humanos que teñen un papel predestinado. Parece ser que Epicteto o filósofo escravo grego foi a orixe deste tópico.
Lembrando como comezaba o curso:
Un camiño este dos tópicos realmente interesante que con frecuencia se expresa en latín, aínda que ten no grego unha fonda relación co grego clásico. Por exemplo o famoso Carpe diem ten o seu correspondente grego.
ACTIVIDADES DA PRESENTE SEMANA: Posta ao día da 3ª avaliación:
- DAS OLIMPÍADAS Á EDUCACIÓN NA ANTIGÜIDADE
- AS OLIMPíADAS: Un mundo masculino?
- AS MULLERES E O TEATRO GREGO
- VISUALIZAMOS TRAXEDIAS GREGAS
O noso paso por Olimpia seguramente serviunos para entender mellor moitas cousas acerca de como vivían os gregos. E agora desprazaremos o foco para centrar o obxectivo en certos detalles das vidas diarias dos gregos da antiguidade que por vivir en cidades-estado distintas tiñan tamén formulacións diferentes. Tralballaremos logo os contrastes e as semellanzas para ter unha idea de conxunto. Por exemplo imos saber un pouco máis da educación en Esparta e as súas diferenzas coa educación ateniense.
Atenas e Espartas dous xeitos de vida a elixir.
1ª ACTIVIDADE: ATENAS RESUME COMO ERA A EDUCACIóN ATENIENSE?
2ª COMO RESUMIRÍAS TI A FÓRMULA DA EDUCACIÓN ESPARTANA?
3ª Establezamos agora o contraste, explícame e envíame ao correo as túas conclusións e as túas opinións argumentando ao respecto. ESPARTA ou ATENAS?
Para poder establecer outro contraste interesante realizaremos unha cala na sociedade grega sobre dúas lacras da Antigüidade: A escravitude e a desigualdade entre homes e mulleres.
Actividades ler na aula e resumir estas tres entradas anteriores para incorporalas ao diario e envialas ao correo electrónico da materia.
Consulta a seguinte entrada e realiza as actividades para llas enviar ao profesor por correo electrónico:
REDACTAR UNHA REFLEXIÓN
A partir dun texto de Irene Vallejo, a escritora que no seu libro O infinito nun xunco (sobre a invención dos libros no mundo antigo) di:
“Quero imaxinar que houbo en Atenas unha corrente de rebeldía feminina da cal non nos fala ningún autor grego e que non figura nos libros de historia. Para rastrexar as pegadas deste quimérico movemento esquecido atrevinme a mergullarme nos textos e ler entre liñas. Aínda que nunca saberemos con seguridade se existiu, a suposición sempre me atraeu. Isto que vou exponer é só unha hipótese, pero fascíname.
As
primeiras que se sublevarían serían as heteras, é dicir, prostitutas de luxo,
as únicas mulleres verdadeiramente libres da Atenas clásica. Comparables
nalgúns aspectos ás gueixas xaponesas,
ocupaban un lugar ambiguo dentro da escala social, marcadas polas vantaxes e os
inconvenientes da súa mala reputación vivían á intemperie, pero mantíñanse independentes.
A maioría delas eran gregas nadas en Asia Menor e, polo tanto, sen dereitos de
cidadanía. Na súa terra natal recibirán unha educación musical e literaria que
Atenas lles negaba ás súas fillas. Obrigadas a pagaren impostos coma os homes,
podían coma eles administrar os seus propios bens. Tiñan acceso aos circuítos
da política e da cultura a través dos seus amantes. Non estaban sometidas á
presión que soportaban as esposas atenienses, aínda que en troco estaban
dobremente excluídas (por estranxeiras e mais por putas).”
cap. 65 páx. 17
Imos redactar, desde a óptica de hoxe, e non menos dun folio, un texto para entregar logo ao profesor vía correo electrónico, sobre o papel das mulleres no teatro grego.
AS TROIANAS de Eurípides versión cinematográfica antiga.
Versión de teatro profesional moderna:
Versión teatral semiprofesional
EDIPO REI
Antígona versión teatral moderna:
A máscara un elemento esencial do teatro greco-latino a estudar para comprender a súa orixe |
A máscara dentro de calquera ritual ancestral
era unha ferramenta que utilizaba un chamán para identificarse coa deidade á
que interpelaba. O coro grego (un grupo de homes con máscaras que danzaban na
honra do deus Dioniso) executaba un ritual relixioso e festivo usando como
elemento de conexión e fusión co deus as máscaras entre outros elementos
representativos dese deus. Parece ser que as mulleres foron de vello relegadas
deste ritual porque un dos atributos destacados era a virilidade.
Sigamos os pasos pertinentes para ver como nacen a traxedia e a comedia froito destes festivais relixiosos que foron cobrando máis e máis importancia a medida que se ía introducindo este deus oriental entre os gregos e o seu culto a partir do século VII-VI a.C. Pasemos a traballar sobre: