luns, 2 de maio de 2016

Vestirse coma un grego/a


Para poderse vestir coma un grego debemos coñecer as distintas prendas habituais do seu vestiario,

Materiais
 Habitualmente la e liño ou biso, tamén era usada a seda, pero esta tea era traída de fóra e polo tanto máis cara.

Cores
 O liño era usábase xeralmente cores brancas, mentres que o vestiario de la podían ser vermello, cores castañas, verdes, ocre, índigo (azul escura ou añil) ou amarelas.


O máis común era que os homes utilizaran panos cun borde tinxido ou bordado a modo de cenefa con motivos moi diversos: greca, ondas, palmetas, animais, etc.

Cenefas para decoración do vestiario dos homes. 
AS DISTINTAS PEZAS

A roupa interior  
Os homes non adoitaban levar nada, pero no caso das mulleres usaban unha especie de suxeitadores (strofion), que consistían nunhas bandas de tea ou de pel coas que se envolvían como unha vendaxe os peitos . Pode ser que só se utilizasen cando se realizaban xogos ou probas atléticas. Usaban tamén unha especie de bragas de tea.


O QUITÓN tanto para homes como para mulleres 

Chitón o quitón : O quitón é a prenda de vestir por antonomasia da Grecia antiga.. Ë unha túnica levada tanto polos homes como polas mulleres.  Foi feito en la nos períodos máis antigos, sendo fabricado logo en liño, gañando entón en amplitude para levarse cun cinto á cintura.

Nos homes pode cubrir a perna ata a metade da perna ( por ribados xeonllos) ou descender ata o pé. Pode adornarse con debuxos xeométricos para os días festivos e pode levarse cun pallium (un tipo de abrigo).



Quitón feminino
As mulleres lévano longo. Fálase ás veces de quitón xónico. Coa aparición do liño, substitúe progresivamente ao peplos do que se diferenza porque non volve a caer en pregues sobre o peito e se leva frouxo sobre a cintura grazas a un cinto.




Exomis ou exomide: Versión de chitón curto que deixaba o ombreiro dereito ao descuberto (ex-omo) para facilitar a súa actividade e o traballo. Usado polos traballadores libres ou escravos, pola maioría dos soldados; ou polas Amazonas (na arte grega) expoñendo parte do peito. Eran famosas as exomides fabricadas en Megara.

Exomide masculina e feminina (amazona)

Himation: Era un manto de la fina moi grande e decorado con franxas de cor ou grecas, que envolvía o corpo sen que nada o suxeitase. O seu patrón podía ser rectangular, pero o máis común era case un semicírculo tan ancho como a altura do que o levaba, pero tres veces máis longo, ou sexa de 1,80 x 5,40 m aproximadamente para un home adulto.
Himatión sobre un quitón e home con quitón
A súa colocación comezaba por facer un pregue de uns 30 cm na parte máis longa; a continuación colgábase un extremo polo ombreiro esquerdo deixando que a punta case chegase ao chan, é dicir, un terzo da tea; cubríanse as costas e coa man dereita collíase  o resto da tea aproximadamente pola metade, cun movemento rápido pasábase por debaixo da axila dereita rodeando as costas e cara ao ombreiro esquerdo, deixando que o último terzo de tea colgara cara atrás chegando case ao chan. Deste modo  podíase envolver todo o corpo ou deixar o peito ao descuberto. Utilizábase só ou enriba dun quitón, tiña a vantaxe de prestarse a moitas funcións. O brazo dereito xeralmente quedaba libre para realizar movementos mentres que o esquerdo estaba oculto e inmóbil. Isto é o que os gregos chamaban envolverse á dereita (epi dexiá). O pregue dianteiro podíase utilizar a modo de bolsa para levar cousas. En ocasións  ocultábase tamén o brazo dereito para resgardalo do frío, e por último, co último pregue podíase cubrir a cabeza quedando o corpo totalmente embozado.
Colocación e uso do himatión. Nótese o uso ateniense(con quitón) e o espartano (sobre a pel)
Muller co peplo e mulleres co himatión
Acostumábase a levar cun bastón longo, terminado en forma de muleta; ao deterse se apoiaban no bastón para que mantivese baixo a axila o pregue do himatión. En Atenas non era habitual levalo sobre a pel, usábase sobre o quitón.  Era a vestimenta usual dos espartanos. Existía unha variante, o tribón, para uso ordinario que era máis vasto e carecía de adornos e grecas, usábano os filósofos.

Utilizábano ambos sexos tanto homes como mulleres como prenda de abrigo. As mulleres acostumaban a colocalo de distintas formas ás que eran habituais ente os homes como pode comprobarse nestas ilustracións.  



Vestiario exclusivamente masculino 

Xystis: Versión de chitón longo usado por todos os aurigas (condutores 
Xystis
de carros de cabalos) durante as carreiras, se esténdese por todo o corpo ata os nocellos. A cintura está colocada moi arriba, por enriba do estómago, suxéitase con cordóns ou cun cinto militar (zoster), cuxa función é cinguir a tea ao corpo para permitir os movementos de condución. Era de cor branca.








Chlamys ou clámide: Un pequeno manto masculino usado para viaxar ou cabalgar. Cinguíase cunha fíbula pola parte dianteira ou nun ombreiro. Era de orixe tesalia. feita de la tosca e pesada, que se usaba a modo de capa entre os soldados de cabaleiría e efebos gregos entre os séculos V a. C. e III a. C.  Tratábase dun rectángulo de proporcións 2 x 1 aproximadamente, cun longo aproximado da altura do seu portador. Adoitaba levar unha franxa de cor adornando os lados menores ou ser totalmente vermella, como manto militar, sobre todo en Esparta. Usábase na estación cálida polos soldados novos, como prenda única, a excepción das sandalias, e cinguido cunha fíbula xeralmente sobre o ombreiro dereito (hai documentación que
sitúa a fíbula no esquerdo, a base do pescozo e incluso sobre as costas). Acostuma levar unhas pequenas pesas de chumbo en cada un dos seus extremos.
Aínda que aparece como unha prenda
levada sobre o corpo espido (de uso para o estadio) levábase tamén cunha túnica (quitón) debaixo.

Aspecto da indumentaria masculina a distintas idades.




 Vestiario propiamente feminino 


Peplo : Nome arcaico do chitón dórico. O peplo  é  un vestido feminino da antiga Grecia que levaban as mulleres anteriores aos anos 500 a. C. e que consistía nunha especie de chal de la, atado aos ombreiros mediante unha fíbula, e que podía ser totalmente aberto por un dos lados (peplo lacedemonio) ou pechado con costura.

Plutarco chamaba "fainomérides" ás espartanas porque debido ao seu peplo aberto ensinaban as pernas.

Peplo dórico: Chitón de la cun gran dobrez na parte superior,
peplo dórico
cinguido cunha fíbula nos ombreiros. O rectángulo de tecido medía de longo aproximadamente 30cm máis que a 
altura da muller que o usaba e era dúas veces máis longo que a distancia entre a punta dos cóbados cos brazos flexionados. O borde superior  pregábase  cara abaixo para formar o apotygma e entón o rectángulo pregábase pola metade arredor do corpo da muller coa unión á dereita. Estaba prendido nos ombreiros con fíbulas ou alfinetes e usábase un cinto para controlar a caída do peplo.

Patrón do peplo


O peplo podía levarse aberto polo lado dereito ou podía estar cerrado mediante unha costura. No caso do peplo aberto, a muller facía que mediante un cinto, esta parte non se abrise ao camiñar. Se se trataba dun peplo cerrado non existía este inconveniente.




Apotygma: É a porción de tecido pregado na parte superior do peplo
dórico. Este pregue dependía da altura da muller que levaba o peplo, a propia usuaria decidía canto pregar a tea.

Kolpos: É a porción de tecido  do peplo dórico que se ablusa cando se tira cara arriba e colga por enriba e sobre o cinto, formando un peegue en bolsa.



Diploidon: É o resultado da evolución da apotygma do peplo dórico, a moda fixo que se convertese nunha prenda de vestir independente de este, o que permitía lucir outras cores ou decoracións diferentes ás do peplo.
diploidon

Peplo xónico: O peplo xónico desprazou co tempo a peplo dórico. Era máis longo, e tan vaporoso que non necesitaba fíbulas nos ombreiros, estaba totalmente abrochado con moitas pequenas puntadas nos ombreiros e ao longo dos brazos. Era tecido dunha peza de liño ou dun tecido fino como a seda. O peplo xónico  baseábase na distancia desde o ombreiro ata o nocello da portadora e podía medir ata 2,75 m de ancho. A parte superior da prenda mantíñase abrochada con pequenos broches ou fíbulas e o tecido podía colgar creando a aparencia de mangas.




Stola (o clamydon): É un manto de la, xeralmente usado polas mulleres que se colocaba oblicuamente sobre o busto e se anoaba nun ombreiro. A miúdo, a deusa Palas Atenea loce a súa éxida o coiraza a modo de estola.



Allika : Un manto curto entre os Tesalios: “un manto suxeitado con broches dourados, a xente local  denomínao gallix”.
Crocotís: pequeno manto de cor azafrán.
Enciclo: Mantón redondo.
Epiblema: Unha pequena capa como un himatión colocado sobre outras prendas. No período Arcaico abrochado nun ombreiro e ás veces a ambos ombreiros.


Quitón feminino


Quitón cun manto a modo de himatión .
























Ofrecemos a continuación unha serie de enlaces para completar a información sobre a elaboración do vestiario para as nosas Olimpíadas Clásicas:

Vestido na antiga Grecia

Distintos modelos femininos

Un estudo que inclúe boas ilustracións e patróns

outra versión

ilustracións antigas de vestimenta grega



Recreación moderna de indumentaria grega para as Olimpíadas


Ningún comentario:

Publicar un comentario