mércores, 18 de maio de 2016

A EDUCACIÓN E O DEPORTE NA GRECIA DAS OLIMPïADAS

OS XIMNASIOS
A palabra ximnasio deriva do grego antigo gimnós (espido). Os gimnasia eran edificios públicos que nunca faltaban nunha pole grega. Unha parte substancial do seu sentido de entender a cidadanía, unha das manifestacións máis significativas da súa cultura era o cultivo do corpo.Nestes lugares pasaban a maior parte do tempo adolescentes, mozos, filósofos, oradores, etc.

A palabra ximnasio identifícase coa palabra colexio polos valores educativos que a palestra e o ximnasio encerraban para todo grego. A formación completa estaba baseada no intelectual, no físico e no musical. A preparación militar e para a caza eran actividades colectivas de grande interese para as cidades. Nos xogos exaltábanse aos vencedores dunha polis como verdadeiros heroes para a cidadanía. A valentía e virtude á vez, o orgullo e nobreza, eran a “areté”, un deses valores cultivados a carón do vigor físico que aparecían indisolubles na mente da Grecia Arcaica, tamén intimamente ligados ao carácter ritual e relixioso co que se entregaban a preparar as competicións, o agón.

Os mozos ían cun gorriño de pel para protexerse do sol e espidos untados en aceite e logo en area e pó, formando unha costra da que, logo do exercicio, se desfacían rascando a pel cun instrumento chamado estríxilo, antes de darse un baño.

O termo Líkio (Liceo) era o nome dun ximnasio de Atenas dedicado a Liceo, Academia era o nome doutro ximnasio ateniense dedicado ó heroe Acádemo. Na Grecia antiga o ideal era "mens sana n corpore sano “mente sa en corpo san”.

A ALIMENTACIÓN DOS ATLETAS
Nos primeiros séculos, os atletas non facían adestramentos. A súa dieta consistía en pan, queixo, leite, olivas, aceite, verdura, froita, carne e peixe. Dende o século V a.C. empezaron a seguir unha dieta especial. Houbo un gran cambio de peso e forza nos atletas.Adestrábanse durante máis horas. A súa vida baseábase:adestranamento, alimentación e descanso. O termino “mencidicina deportiva”, é a participación activa da mendicina no atletismo.
Galeno, o médico grego, advertía os atentados á saúde que supoñían dietas anormais dos atletas na súa ardua carreira cara á profesionalización.

O SIGNIFICADO DOS XOGOS NA ANTIGÜIDADE

A DIMENSIÓN PATRIÓTICA DERIVADA DA CIDADE ESTADO
As Olimpíadas, que naceron das rivalidades entre Elis e Pisa, logrará o seu apoxeo alimentándose desa rivalidade crecente entre cada vez máis e máis cidades estado. As competicións deportivas como todos os festivais de Grecia eran un dos medios máis importantes que cada pole tiña para espertar o espíritu nacional, o seu amor pola patria. Proliferaban os concursos de todo tipo tanto de teatro, como de deporte no momento de maior vigor económico das poles helenas, froito do comercio, do uso da moeda, das novas colonias ao longo e ancho do Mediterráneo. Os xogos eran o lugar preciso para que aristócratas, reis e tiranos puidesen facer visible o seu poder e gloria ante toda Grecia.  Así as épocas de esplendor das Olimpíadas coinciden con momentos como as guerras contra os Persas nos que exhortan mesmo á unión dos gregos fronte a un inimigo común.




Precisamente nas Guerras Médicas, un xeneral persa ao saber cal era a recompensa das competicións dixo: “Ai Mardonio, trouxéchesnos aquí para loitar contra homes que non compiten por riquezas, senón pola virtude” (Herodoto VIII,26)

Ningún comentario:

Publicar un comentario