Unha das curiosas derivas machistas da historia ten precisamente relación coas Olimpíadas, pois se fixeron famosas as carreiras masculinas, esquecendo e marxinando esoutras máis antigas que celebraban as mulleres en Olimpia. Olimpia era na súa orixe un lugar onde se veneraban deidades
femininas. A principal deusa era Xea, a deusa Terra. Pero co cambio da
sociedade matriarcal á sociedade patriarcal o lugar pasou a estar baixo a
protección de Zeus e ó culto a Xea dirixiuse a outras deusas, sobre todo a
Hera.

Pero había unha excepción: a sacerdotisa de Deméter (Deusa-nai), a cal podía presenciar os xogos debido ó antigo culto a deidades femininas que se facía en Olimpia. No estadio existe un altar
![]() |
Altar de Deméter no Estadio de Olimpia |
CARREIRAS NA HONRA DE HERA
Os Heraios ou Hereas eran unhas carreiras de velocidade en
honor da deusa Hera, anteriores e independientes aos Olímpicos, que tiñan lugar
cada catro anos. Estes xogos, segundo a tradición, foron organizados por
Hipodamia para render homenaxe a Hera, deusa dos casamentos, polo seu matrimonio
con Pélope.

A gañadora recibía algo da forza de Hera ao comer do animal
que sacrificaban na honra da deidade e ó ser coroada cun ramo de oliveira
salvaxe.
A muller (koré) que participaba nos Heraios tiña o pelo
solto ata os ombros e levaba unha túnica corta por enriba do xeonllo que
deixaba o seu ombro dereito ó descuberto. Corrían divididas en tres categorías
segundo a idade.
Da importancia da muller nos rituais de Olimpia derivan a cerimonia do acendido da antorcha olímpica:
Da importancia da muller nos rituais de Olimpia derivan a cerimonia do acendido da antorcha olímpica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario