QUEN ORGANIZABA AS OLIMPÍADAS?
Un Consello Olímpico Helénico era o órgano supremo de
carácter aristocrático relacionado orixinalmente coa realeza. No 884 a.C. tres
reis (Ifito, Licurgo e Cleóstenes) concluíron un tratado: a Tregua Sagrada, que
foi respeitada ao longo dos máis de mil anos de celebracións e en
circunstancias moi dramáticas. Este pacto gravado polos habitantes de Élide
sobre unha placa de bronce, chamada “disco de Ifito”, estaba exposto no templo
de Hera. Para asegurar o cumprimento do mes sagrado (hieromenía) que a cada catro
anos prohibía a guerra entre todos os gregos, os organizadores dos Xogos
enviaban heraldos especiais, os espondóforos, ás diversas polis gregas.
A TREGUA SAGRADA
1.Interrupción de toda actividade bélica entre as cidades
gregas.
2.Prohibición de entrar en Olimpia a toda persoa portadora
de armas.
3.Aprazamento de toda sentencia a morte.
OS XUICES DOS GREGOS
O Consello tamén escollía aos helanódicos, é dicir “os
xuíces dos gregos”, un órgano executivo que eran os xuíces que supervisaban o
desenvolvemento dos xogos dende dez meses antes da Olimpíada ata a coroación
dos campións, cando eran apuntados no catálogo oficial do ximnasio. Chegaron a
ser nove ou dez. Tres encargábanse do pentatlón, tres da hípica e os demais do
resto dos deportes. Era un título inicialmente vitalicio, pero logo escollíanse
por sorteo entre cidadáns de reputación intachabel.Vivían dez meses con
nomofílakes que lles ensinaban as leis olímpicas. Para logo ser eles quen
dividían os atletas en grupos segundo a idade e a súa autoridade chegaba mesmo
ata impoñer cuantiosas multas por corrupción.
O Consello Olímpico de Olimpia era un estamento relixioso
encargado de controlar o cumprimento dos rituais sagrados e as súas reformas. A
súa sede era o Bouleuterio. As prácticas relixiosas eran o eixe central nos
primeiros tempos, pouco a pouco foron invertídose os termos e cobrando cada vez
maior importancia as competicións. Foise impoñendo unha preponderancia destas
pola dimensión política que tiñan as victorias en Olimpia no conxunto das polis
gregas alí reunidas.
DENDE TODA GRECIA
As teorías eran as delegacións oficiais de autoridades
cargadas de magníficos presentes aos deuses de Olimpia que cada cidade enviaba
a Olimpia dende Asia Menor, Sicilia e as colonias do sur de Italia ata as do
Exipto ou o norte de África de Chipre ou de Creta. Estas embaixadas
habitualmente dedicaba monumentos aos seus campións.
Ademais dos atletas e os seus entrenadores, ademais dos
espectadores que acudían de toda Grecia, había tamén outros funcionarios en
Olimpia encargados da orde pública e de levar a cabo sacrificios e outras
actividades específicas como cociñeiros, heraldos, músicos e ata un médico e un
arquitecto.
Normas de selección dos atletas
Para poder participar nos xogos había que ser grego, varón e
cidadán libre de moralidade íntegra, quedaban excluídos os estranxeiros, os
escravos e en boa medida as mulleres. Os participantes tiñan que pasar un mes
na Elis onde entrenados polos xuíces ( helanodikes).
Os xuíces xuzgaban: o carácter, a moral, o vigor, a
resistencia física e a preserverancia. Dous días antes do inicio dos xogos
dirixíanse da Elis (lugar de entrenamento) á Olimpia para realizar os xogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario