xoves, 12 de maio de 2016

AS PROBAS XIMNÁSTICAS NA GRECIA ANTIGA I: PROBAS PEDESTRES

.AS PROBAS NO ESTADIO

Nos tempos de Homero os corredores usaban unha especie de pantalóns curtos, pero en certa ocasión en Atenas a un corredor se lle desprenderon e caeu, por iso prohibiuse o seu uso. En Olimpia os espartanos puxeron de moda correr espidos. Ese é o motivo de dividir as probas Gymnika, nas que os atletas competían espidosos no estadio e os Hipika que se facían no Hipódromo. As probas realizadas en Olimpia sufriron cambios a través dos tempos, posiblemente as máis antigas foran as carreiras. Celebrábanse no estadio


O recinto deportivo: o Estadio

O espazo non era máis ca unha pista rectangular. Ao principio, as probas realizábanse dentro do santuario, preto do templo de Zeus, pero co aumento do número de espectadores fíxose necesaria a construción dun verdadeiro estadio. Construíuse o “Estadio I” do ano 560 a.C que foi reemprazado por outro a finais do VI a.C, o “Estadio
II”. O “Estadio III” construído a mediados do IV a.C. diferenciase en que se atopaba fóra do santuario, pode interpretarse como o crecente carácter político dos xogos, que irá gañando importancia en detrimento da dimensión relixiosa dos mesmos. O estadio carecía de gradas, tiña declives de césped para que se sentara o público (ata 45.000 espectadores). A entrada, cripta, consistía nun corredor por onde entraban os Helanodikes, adestradores e os atletas. Nun lugar destacado estaba a tribuna para as autoridades: os Helanodikes. A sacerdotisa de Deméter que contaba cun altar de pedra no estadio na parte septentrional fronte á tribuma. De pedra tamén era o punto de saída que servía para 20 corredores. Arredor dos 192,27 m e os seus 30 m. de ancho unha canle estreita pola que circulaba auga para refrescarse e catro cisternas con auga potable.



Olimpiónico: vencedor da carreira do estadio.
 O estadio era a primeira carreira que se realizaba no 2º día das Olimpíadas, era a proba máis antiga e o seu vencedor daba nome á Olimpíada.

A saída:
Os atletas tomaban a saída en posición erguida, pisando sobre os dous sulcos da pedra de saída, balbis, con un pé un pouco adiantado, os xeonllos en flexión e os brazos estendidos en posición horizontal. A cada 1,25 m ensartan unha estaca para delimitar a posicón do corredor. As estacas ían apoiadas nuns paus móbiles que chegaban ao peito dos atletas e que impedían a saída ata que os fíos que os soportaban suxeitos polo afetes, o que daba a saída e que estaba detrás, se soltaban. Saían no momento en que daba a orde o trompetista ou un dos afetes ao berro de: Ápite!;  Se se saltaba á pista antes de tempo era azoutado polo adestrador.

A volta ao estadio:
Os estadios non tiñan curvas nos dous extremos. As antigas fontes sinalan o punto de retorno. Segundo outra opinión, cada un corría pola súa pista, xiraba o corpo 180º e continuaba a carreira ou utilizaba unha pista de ida e outra de volta, polo que se deduce que cada carreira participaban simultaneamente dez atletas.
As pistas sinalábanse co po branco de caliza.



 As carreiras dos Xogos Olímpicos:
 Había catro tipos de carreiras pedestres todas realizadas en liña recta no estadio: 
-Estadio (stadion ou drómos): Carreira de velocidade de distancia dun estadio cunha lonxitude de 600 pés: 197,27 metros..Dicíase que a medida do pé era a do pé de Heracles. Única proba do 776 ata o 724 a.C. 
-Diaulos: Carreira de velocidade de dous estadios, era unha carreira pedestre de dobre lonxitude (1200 pés, uns 400 metros) .Introdúcese no 724 a.C.
-Dólicos ou macro: Carreira de marcha de 24 estadios.Carreira de resistencia de sete, dez, doce ou vintecatro estadios na que foron especialistas os cretenses. Os 24 estadios eran uns 4615 metros. Introdúcese no 724 a.C.
-Hoplita dromos ou hoplitodromía: Carreira de velocidade. Corríase portando armas unha distancia de dous estadios (Ben percorrían 384 ou 768 metros) Introducida no 650 a. C. As armas que levaban eran o casco, escudo e lanza. Pechaba a competición corrían 25 atletas.

Outras carreiras
-Pentatlón: Ademáis dunha carreira, o pentatlón como indica o numeral "penta" consistía en cinco probas (velocidade, disco, xavelina, salto e loita) que realizaba un mesmo competidor. Comeza no 708 a.C.
A lampadedromía era unha carreira por relevos portando fachos en equipos de 6 a 10 corredores. Vencía quen chegaba á meta co lume vivo, como premio tiña o honor de acender a chama no altar do sacrificio.

O PENTATLÓN

"...antes dos tempos de Xasón houbera coroas separadas para o salto, o disco e a xavelina. En tempos do vello Argo, Telamón foi o mellor no lanzamento de disco, Linceo gañou coa xavelina, os fillos de Boreas foron os vencedores na carreira e no salto e Peleo foi o segundo nestas disciplinas, pero superou a todos na loita. Por tanto, cando se celebraban os Xogos de Lemo, Jasón desexando compracer a Peleo, combinaba os cinco exercicios e Peleo asegurábase da vitoria no conxunto..."
(Filostrato, viaxe dos Argonautas)


Considerábano a competición máis perfecta, porque exercitaba equilibradamente todas as partes do corpo, e proporcionaba aos atletas que o practicaban beleza física, harmonía e saúde. Polo seu carácter complexo, debeu de ser inventado en época histórica, e se ben Filostrato o menciona como competición prehistórica, e Homero descoñéceo. O pentatlón empezou a formar parte dos Xogos Olímpicos no 708 a. C. e nél participaron adolescentes.

Resulta problemático descifrar a orde que seguían as diversas probas, e tamén cómo se elexía ó vencedor. Pero queda fóra de toda dúbida a gran importancia da loita e do feito de que o pentatlón rematase con esta proba. Chegamos á conclusión de que o lanzamento de disco precedía o de xavelina e á loita, e o salto de lonxitude precedía ó lanzamento de disco. A sucesión das probas podería ser tal e como segue:
- carreira pedestre
- salto
-lanzamento de disco
-lanzamento de xabalina
-loita
Non existe unanimidade no referente á elección do vencedor. Parece incríble que o mismo atleta pudiera gañar na cinco probas. Probablemente, bastaba con que vencera en tres delas, una das cales era a loita.



No panorama olímpico, resultaba evidente que o pentatleta tiña unhas cualidades óptimas de guerreiro: rapidez, axilidade, forza, habilidade, valor, resistencia, destreza no manexo de armas...; de feito, a xavelina era unha arma de guerra; o disco, aparte de ser un obxecto votivo, parece o remedo da pedra empregada coma arma arroxadiza. Houbo competicións anteriores ó disco. O tamaño dos discos empregados nas olimpiadas debeu ser variable. Primitivamente, foron de pedra, pero en Olimpia xa se empregaron de bronce. A técnica de lanzamento debeu de ser múltiple. As marcas logradas có disco deberon supera-los 30 m.

A xavelina tivo, ó menos, tres tipos de emprego olímpico: alcance, precisión e emprego dende cabalo. A forma de lanzamento un enterado e preciso narrador en Jenofonte, que escribía:
“Unha vez asida a xabalina, débese adiantar o lado esquerdo do corpo despois de inclinar o dereito cara atrás. Con brusca sacudida dos muslos lánzase entón a xabalina cara enriba”.

O salto grego é, a especialidade pentatloniana máis polémica e máis difícil de explicar actualmente. Añade dificultades á circunstancia de que se saltase con alteras nas mans, que facilitaban o impulso do atleta e que eran soltada no momento de iniciar o voo o que , eran levadas por diante no momento de iniciar o salto e recollidas violentamente cara atrás ó chegar ó punto de caída. Ese posible impulso non xustifica o desmesurado récord, que a carreira para tomar impulso realizábase sobre un chán de area. As xustificacións máis importantes falan dun posible triple salto ou da suma lograda en tres intentos.


"...levantuse furioso dando un salto, tomou un disco maior que o que lanzaban os feacios, impulsouno coa destra e mandouno silbando polo aire. Os varóns de Esqueris, os remeiros que bogaban polos mares, agacháronse temerosos polo voo da pedra que voaba lixeira como unha ave..."

(Homero, Ilíada )

Ningún comentario:

Publicar un comentario