mércores, 13 de decembro de 2017
LEMBRANDO O QUE APRENDEMOS NO TRIMESTRE
luns, 4 de decembro de 2017
A ILÍADA DE HOMERO E A PELÍCULA DE TROIA de W. Petersen.
Cal fora o motivo deste desencontro entre ambos líderes gregos?

Quen era Atreo?
Mais vaiamos seguindo o guión da película para poder comentar e ampliar o noso coñecemento sobre a Ilíada de Homero.
![]() |
Aquiles e Agamenón nunha das escenas da película |

Investiga como chegou Helena a casar con Menelao e quen propuxera un xuramento dos principais reis gregos que foran pretendentes da princesa espartana?
![]() |
Reis gregos: Menelao, Agamenón e Néstor, detrás Ulises, Aiax e Tríopas |
MENELAO NON MORRE EN TROIA. Aínda que a película o mata, a Ilíada conta de xeito ben distinto o final do enfrontamento con Paris.
Como acaba na Ilíada o combate entre Menelao e Paris?
No filme aseguran que era o curmán de Aquiles. Podería selo, ao ser fillo de Menecio, amigo de Peleo. Pero non sabemos quen fora a súa nai. Hai varias posibles. Se fose o fillo de Polidora (filla de Peleo e Antígona) sería certamente o curmán de Aquiles, pero hai quen pensa que realmente eran ambos amantes.
Investiga se na Ilíada Aquiles sabía que Patroclo ía loitar contra os troianos coa súa armadura.
Como se chamaba este fillo de Príamo que non sae no filme, que ten que ver co Apolo e como morreu?
Os relatos das batallas de Homero son realmente vivos e descarnados, o cinema actual tamén é moi violento. A descrición das armas, o enfrontamento entre heroes como Aiax e Héctor, a desputa polas armas, a retirada dos mortos ao rematar a xornada, etc...
Localiza na Ilíada unha descrición dunha batalla para podela comparar coas imaxes do filme.
O COMBATE DE HÉCTOR E AQUILES
A Ilíada remata tras este combate e a escena de Príamo, rei de Troia, na tenda de Aquiles. Pero na Ilíada aparecen unha morea de personaxes femeninas importantes que non están na película.
Quen eran Hécuba e Casandra?
O CABALO DE TROIA
Quen tivo a brillante idea do cabalo?
Na Ilíada non conta este asunto do cabalo, cales son as fontes máis antigas onde se narra a derrota dos troianos?
AGAMENÓN MORRE EN TROIA?
Esta claro que na Ilíada non fala do final da guerra como ocorre no filme, pero a través da Odisea de Homero podemos aclarar esta cuestión, Agamenón morreu na guerra de Troia?
A MORTE DE AQUILES para saber máis sobre o final da película e a diferenza entre o filme e a Ilíada e outras fontes mitolóxicas podes consultar da épica de Homero ao cinema.
luns, 30 de outubro de 2017
DE CARA Á PRIMEIRA AVALIACIÓN 2017-2018
Entran na avaliación os enlaces activos.
Lembra repasar da unidade O, cuestións como a xeografía e un enlace anterior:
- Os deuses do Olimpo e Amores de Zeus

martes, 24 de outubro de 2017
DESCUBRE O OLIMPO
luns, 25 de setembro de 2017
COMO IMOS TRABALLAR?

Haberá tamén unha proba escrita cun valor dun 60% da nota.
UNIDADE O: Aude sapere... Sócrates: O mito da caverna: como podemos interpretalo na actualidade? Un modelo do saber: A Cultura Clásica precisa unha definición (Procura redactar unha propia). Fai un cadro de porcentaxes coas orixes dos nomes da clase. Exercicios do tema 1 do libro páxinas 13,15, 23
As Linguas do mundo, as Letras e a súa transmisión. (Memorizar o alfabeto grego). O filósofo grego Sócrates e a escrita.
A Xeografía da Cultura Clásica I: O espazo da Cultura Clásica. A Helade.
A Historia de Grecia antes dos gregos: Creta e Micenas. (Diferenzas entre minoicos e micénicos). O Minotauro.
Introdución á Mitoloxía. Que vén sendo un mito?. A Cosmogonía de Hesíodo. Cronos e Rea e a Titanomaquia
Prazo: 19 de outubro.
luns, 18 de setembro de 2017
AUDE SAPERE...
"Dimidium facti, qui coepit, habet: aude sapere, incipe..."
"Quen comezou, xa fixo a metade: atrévete a saber, empeza..."
Horacio, Epis. II, 40
Para empezar imos lembrar a Sócrates, un filósofo grego do século V a.C. do que conservamos os seus discursos grazas a discípulos seus, como Platón.
Contan que en certa ocasión afirmou: "Eu só sei que non sei nada" Que cres que querería dicir o gran pensador ateniense?
luns, 22 de maio de 2017
LABERINTO DE CARENCIAS, obra de teatro para rematar o curso
Despois de dous anos de traballo sobre Creta e o mto do Minotauro, sobre Teseo e Ariadna poremos en escena no mes de xuño o día 17 para rematar este curso a obra:
A Ariadna do mito, era a filla do rei Minos da illa de Creta, irmá do Home touro que seu pai mantiña oculto no labirinto e ao que lle ofrecía vítimas dos atenienses como castigo pola morte do seu primoxénito. Ariadna entón rebélase e namorase de Teseo, o heroe ateniense , fillo do rei de Atenas que chega para matar ao monstro. Cunha axuda inesperada, a de Ariadna e o seu valioso fío, Teseo logrará entrar e saír con vida do labirinto. O mito remata tras da morte do Minotauro coa fuxida de Creta da parella, pero Ariadna finalmente vai ser abandonada nunha illa por Teseo no medio da viaxe de volta cara a Atenas.
Digamos que estes dous adolescentes atópanse
nun deses momentos da vida transcendentais para ambos. Pero non son só unha
Ariadna e un Teseo só. Son 7 Teseos e
Ariadnas, son infinitos... protagonistas desta relectura do mito do labirinto
onde todos podemos ser Ariadna ou Teseo.
Sempre usamos o mito para ler na
sociedade claves que se cadra doutro modo non as vemos. Esa forma permítenos
ser sensibles ante a crúa realidade coma os cegos. Somos cegos a tantas cousas
diariamente!. Ademais da nosa experiencia con invidentes do Proxecto “ Sentir o
mar” deunos pé a crear unha ARIADNA CEGA
que funciona de narradora atemporal de calquera Ariadna, en calquera sociedade,
en calquera tempo sexa mitolóxico ou ben actual, axudounos a pasar do mito á
realidade e viceversa.
Os Teseos desta obra, que se
levan a peor parte polos valores que defenden, son criticados duramente. Non
son tan heroes, son máis ben antes que
vítimas, consecuencia dunha sociedade carente, e precisamente da súa relación é
da que concluímos unha traxedia fragmentaria e compartida, a de un Teseo
egoísta ante unha Ariadna solitaria, outro Teseo traidor e unha Ariadna maltratada; un Teseo acosador e
unha Ariadna acosada; un Teseo insolidario ante unha Ariadna refuxiada; un
Teseo traficante e unha Ariadna adicta; un Teseo político embaucador entre unha
Ariadna Rebelde e mais outra conformista.
Así a pregunta que provocamos, o
conflito ao que chegamos é:
Outro mundo é posible ou vivimos no labirinto do medo sen solución? Subliñamos logo unha visión pesimista como consecuencia
do medo que nos atenaza a día de hoxe e é capaz de muros de incomprensión cada
vez máis evidentes a ambos lados do mar.
Nun xogo permanente entre o
pasado e o presente, emerxen imaxes prestadas das atrevidas metáforas das
montaxes da coreógrafa alemana Pina Baush. Incorporamos así símbolos do pasado como o fío ata outros máis actuais
indicadores, en gran medida, da intensidade das frustracións e das carencias
nas que vivimos. Pasamos do fío que nos levou ante Asterión , o Minotauro, á auga corrente que nos dilúe como seres
débiles semellantes ao sucre ou vítimas dun trebón.
INTERVEÑEN :
ARIADNA CEGA: Iria Fazanes.
ARIADNA CLÁSICA: Lara Loira
MINOTAURO: Aarón Bon.
VÍTIMAS NO LABIRINTO: Antía
Novegil, Camila Vilas.
ARIADNAS: Andrea Calvar, Erika Blanco,
Paula Acuña, Mery Iglesias, Carla Martínez, Emily Cerqueiro, Andrea Iglesias.
TESEOS: Manuel Alvariñas, Nicolás
Area, Nicolás Simes, Rodrigo Agraso,
Antonio Guimeráns, Emilio Iglesias, Isaac Vázquez.
LUZ e SON: Pablo García Covas e
Iria Fazanes.
ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez.
TEXTO e DIRECCIÓN: Héctor Silveiro
Aula de Teatro San Narciso
Tras da representación 17 de xuño do 2017 |
Algunhas fotos dos ensaios de Mery Iglesias
domingo, 21 de maio de 2017
A ROMA DOS DOCE CÉSARES
xoves, 18 de maio de 2017
LÍRICA GRECOLATINA (II) CATULO
Efectivamente, Virxilio, que ademais de A Eneida, tamén foi autor das Xeórxicas, escribira este verso;
"Sed fugit interea, fugit irreparabile tempus" ( Georg. III 284)
"Foxe entrementres, foxe irreparable o tempo"
nacendo así o tempus fugit, un dos tópicos máis coñecidos da literatura universal que está intimamente asociado ao carpe diem do noso Horacio :
"Carpe diem, quam minime credula postero" (Oda I , 11)
" Aproveita o día, non confíes no mañá"
HORACIO E OVIDIO
Beatus ille qui procul negotiis... Felíz aquel que lonxe dos negocios...
evoca este tópico dalgún xeito outro moi frecuente na literatura antiga e moderna o locus amoenus, o lugar ideal que foi esencial na poesía bucólica ou pastoril.
O poeta Horacio deixou dito non omnis moriar: non morrerei por enteiro! nunha das súas Odas:
Carm. III 30
Efectivament, non morreu de todo. O uso actual dos tópicos está máis que vivo vexamos un par de exemplos:

OVIDIO: É un autor que xa coñecemos polas súas Metamorfoses, un conxunto de relatos míticos escritos en verso que describen os cambios ou transfiracións sufridas polos deuses, heroes ou heroinas dende as orixes dos tempos até os días que emerxe o imperio romano baixo Octavio Augusto. é un conxunto de historias de carácter épico tan singular que conservou ademais de coñecidos mitos escritos por autores gregos algúns que só a través del chegaron ao snoso días como é o caso do fermosísimo mito de Píramo e Tisbe:
LÍRICA GRECOLATINA (I): SAFO
Outros poetas da Grecia antiga:
Anacreonte
domingo, 7 de maio de 2017
COMO VIVÍAN OS ROMANOS/AS
- Gallaecia Romana: Lucus Augusti alto imperio e no baixo imperio
COMO VIVÍAN OS GREGOS/AS
sábado, 6 de maio de 2017
ATENAS VERSUS ROMA
No transcurso desa expansión chegaría a Crise da República que coa figura de Xulio César verá transformarse Roma definitivamente nun gran imperio gobernada por emperadores.
