Despois de dous anos de traballo sobre Creta e o mto do Minotauro, sobre Teseo e Ariadna poremos en escena no mes de xuño o día 17 para rematar este curso a obra:
A Ariadna do mito, era a filla do rei Minos da illa de Creta, irmá do Home touro que seu pai mantiña oculto no labirinto e ao que lle ofrecía vítimas dos atenienses como castigo pola morte do seu primoxénito. Ariadna entón rebélase e namorase de Teseo, o heroe ateniense , fillo do rei de Atenas que chega para matar ao monstro. Cunha axuda inesperada, a de Ariadna e o seu valioso fío, Teseo logrará entrar e saír con vida do labirinto. O mito remata tras da morte do Minotauro coa fuxida de Creta da parella, pero Ariadna finalmente vai ser abandonada nunha illa por Teseo no medio da viaxe de volta cara a Atenas.
Digamos que estes dous adolescentes atópanse
nun deses momentos da vida transcendentais para ambos. Pero non son só unha
Ariadna e un Teseo só. Son 7 Teseos e
Ariadnas, son infinitos... protagonistas desta relectura do mito do labirinto
onde todos podemos ser Ariadna ou Teseo.
Sempre usamos o mito para ler na
sociedade claves que se cadra doutro modo non as vemos. Esa forma permítenos
ser sensibles ante a crúa realidade coma os cegos. Somos cegos a tantas cousas
diariamente!. Ademais da nosa experiencia con invidentes do Proxecto “ Sentir o
mar” deunos pé a crear unha ARIADNA CEGA
que funciona de narradora atemporal de calquera Ariadna, en calquera sociedade,
en calquera tempo sexa mitolóxico ou ben actual, axudounos a pasar do mito á
realidade e viceversa.
Os Teseos desta obra, que se
levan a peor parte polos valores que defenden, son criticados duramente. Non
son tan heroes, son máis ben antes que
vítimas, consecuencia dunha sociedade carente, e precisamente da súa relación é
da que concluímos unha traxedia fragmentaria e compartida, a de un Teseo
egoísta ante unha Ariadna solitaria, outro Teseo traidor e unha Ariadna maltratada; un Teseo acosador e
unha Ariadna acosada; un Teseo insolidario ante unha Ariadna refuxiada; un
Teseo traficante e unha Ariadna adicta; un Teseo político embaucador entre unha
Ariadna Rebelde e mais outra conformista.
Así a pregunta que provocamos, o
conflito ao que chegamos é:
Outro mundo é posible ou vivimos no labirinto do medo sen solución? Subliñamos logo unha visión pesimista como consecuencia
do medo que nos atenaza a día de hoxe e é capaz de muros de incomprensión cada
vez máis evidentes a ambos lados do mar.
Nun xogo permanente entre o
pasado e o presente, emerxen imaxes prestadas das atrevidas metáforas das
montaxes da coreógrafa alemana Pina Baush. Incorporamos así símbolos do pasado como o fío ata outros máis actuais
indicadores, en gran medida, da intensidade das frustracións e das carencias
nas que vivimos. Pasamos do fío que nos levou ante Asterión , o Minotauro, á auga corrente que nos dilúe como seres
débiles semellantes ao sucre ou vítimas dun trebón.
INTERVEÑEN :
ARIADNA CEGA: Iria Fazanes.
ARIADNA CLÁSICA: Lara Loira
MINOTAURO: Aarón Bon.
VÍTIMAS NO LABIRINTO: Antía
Novegil, Camila Vilas.
ARIADNAS: Andrea Calvar, Erika Blanco,
Paula Acuña, Mery Iglesias, Carla Martínez, Emily Cerqueiro, Andrea Iglesias.
TESEOS: Manuel Alvariñas, Nicolás
Area, Nicolás Simes, Rodrigo Agraso,
Antonio Guimeráns, Emilio Iglesias, Isaac Vázquez.
LUZ e SON: Pablo García Covas e
Iria Fazanes.
ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez.
TEXTO e DIRECCIÓN: Héctor Silveiro
Aula de Teatro San Narciso
Tras da representación 17 de xuño do 2017 |
Algunhas fotos dos ensaios de Mery Iglesias
Ningún comentario:
Publicar un comentario