Atenas fora a cidade máis importante da antigüidade no século V a.C., pero tras perder a Guerra do Peloponeso con Esparta e aparecer en escena os macedemonios, Filipo e o seu fillo Alexandre, os gregos quedaron supeditados a eles ata que emerxe o poder de Roma, que, a pesar das loitas internas, soubo constituírse nun imperio, o máis poderoso da época, ao longo de 500 anos. O desenvolvemento de Roma foi logo ben distinto do de Atenas.
Tras das guerras Púnicas de Roma contra Cartago, Roma volverá a mirada cara á Hélade, aínda que os contactos cos gregos viñan de vello polas colonias que estes tiñan no sur da Península Itálica, Grecia será conquistada como ponte de expansión cara ao Mediterráneo oriental convertindo en provincias romanas Macedonia, Grecia que foi conquistada no 197 a.C. No ano 196 a. C., tras derrotar a Filipo V de Macedonia,
Flaminino proclama retoricamente a liberdade dos helenos. É unha liberdade
condicionada ao predominio romano, pero que proporciona un respiro á esgotada Grecia continental: por
fin unha certa pacificación permite, tras moitos anos de crise, reorganizar a
economía e, con ela, os obradoiros artísticos. Unhas décadas despois, en Pidna
(168 a. C.), cae vencido o rei Perseo de Macedonia, e as lexións romanas entran
definitivamente en toda Grecia: agasallan a Atenas entregándolle o porto de
Delos para axudala na súa reconstrución económica, pero, en cambio, deixan
claro que non aceptan sublevacións e, para que sirva de escarmento, destrúen
por completo Corinto (146 a. C.). Roma estab construíndo un novo Imperio. Logo virían Pérgamo, Bitinia, Siria, Cilicia, O Ponto, Xudea e as illas de Chipre e Creta.
No transcurso desa expansión chegaría a Crise da República que coa figura de Xulio César verá transformarse Roma definitivamente nun gran imperio gobernada por emperadores.
"Graecia capta ferum victorem cepit et
artes intulit in agresti Latio."
Grecia capturada conquistou ao seu fero
conquistador e introduciu as artes no agreste Lacio.
Esta afortunada frase de Horario
pode dar unha idea da visión que os romanos tiñan de Grecia e da súa cultura
que entendían superior. Cando se estaba fundando Roma Homero e Hesíodo xa recitaran
os seus versos épicos. Todos os autores clásicos viviron cando Roma estaba,
digámolo así, na súa infancia.
De feito para eles o grego era o idioma de
prestixio e os máis ricos facíanse con escravos gregos para educar aos seus
fillos no seu idioma. Sabemos que personaxes como Xulio César no seu proceso de
formación intelectual pasaron un tempo nalgunha cidade de Grecia, como facían
todas as persoas nobres. Os romanos cultos eran bilingües. Así veremos que non
é estraño que un historiador latino do século I como Plutarco escriba seguindo
o costume establecido en Roma para os historiadores, as súas biografías en
grego. Este autor ademais concibiu no seu libro Vidas paralelas unha curiosa comparación de coñecidas figuras
gregas coas romanas partindo de características comúns. Por exemplo emparellou
a Alexandre o magno con Xulio César e ao orador ateniense Demóstenes co romano Cicerón.
A pesar de todo houbo persoas que
se resistiron a aprender grego, que practicaron unha reacción contraria á
colonización cultural de Grecia como, por exemplo, o orador latino Catón. Roma,
con todo non foi quen de superar culturalmente a Grecia, a concepción grega da
vida non se impuxo en Roma. O que prevaleceu e se procurou manter e restaurar
foi a antiga moral das matronas romanas. O luxo, o refinamento, unha sexualidade
desinhiba sempre foron mal vistas en Roma.
Esa moral e costumes son as que
reforzadas polo Cristianismo se impuxeron en Occidente e aínda hoxe nos falta
certa alegría da vida que apreciamos en cambio noutras latitudes, xeralmente en
Oriente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario