
Selección de textos do relato de Homero:
Consulta o enlace anterior para ler e comprender os textos épicos na súa fonte orixinal. (Traballo para a semana 13 de marzo ao 19 de marzo)
BUSCA A DIFERENZA ENTRE HOMERO E A VERSIÓN DO CINEMA !
Recomendamos, tendo en conta o noso confinamento na casa, ir vendo a famosa película TROIA de W. Petersen (2004) para ir contrastando a versión cinematográfica co texto homérico e outras fontes da mitoloxía clásica. Estade atentos porque hai grandes diferenzas que hai que detectar.
A película podémola dividir nas seguintes partes:

a) Presentación de Agamenón e de Aquiles.
b) Rapto de Helena de Esparta por parte do troiano Paris.
c) Menelao solicita a axuda do seu irmán Agamenón.
d) Procura de Aquiles e partida dos gregos cara Troia.
e) Príamo, rei de Troia, recibe a Helena, a pesar da oposición de Héctor.
II-Desembarco nas praias de Troia.
a) Toma do templo de Apolo e o botín de guerra.
b) A cólera de Aquiles contra Agamenón a causa de Briseida.
c) Paris combate con Menelao.
III O cambio de actitude de Aquiles
a) Ataque das naves dos gregos por parte dos troianos.
b) A morte de Patroclo.
c) O combate de Aquiles con Héctor.
d) Entrevista de Príamo e Aquiles.
IV A caída de Troia.
a) O cabalo de Troia.
b) Arde Troia.
PROCURA AS 7 DIFERENZAS MÄIS IMPORTANTES
Ningún comentario:
Publicar un comentario