ACTIVIDADES SOBRE A OBRA DE PLAUTO ( Guía didáctica que podedes atopar tamén no texto ou libro de lectura ):
1- Lectura atentada introdución e da comedia.
2- Procurar no enlace no capítulo 118 do libro de Robert Graves o relato do nacemento de Hércules e establecer semellanzas e diferenzas coa comedia.
3- Analiza o paso da Comedia Antiga á Comedia Nova.
4-Enumera a partir da introdución as diferenzas entre traxedia e comedia.
5- Partes nas que se divide a comedia.
6- Amplía a información sobre as características dos personaxes na comedia plautina.
7- Investiga a evolución semántica do nome do escravo Sosias.
8- Establecer un debate sobre a sospeita de adulterio e a relación de ambos personaxes. Como se comportaría hoxe en día unha parella ante una situación similar.
9- Elixide unha escena para representar en clase.
10- Elaborade unha presentación en power point sobre a historia de Hércules/Heracles.
A Comedia latina do século II a.C. é unha copia da Comedia denominada Nova que facían autores gregos como Menandro (século III) a. C. e que á súa vez foi unha evolución da Comedia Antiga de autores atenienses como Aristófanes ( século V a. C.) Esta evolución produciuse como afundimento da democracia ateniense e do debate político e filosófico que alimentaba aquela sociedade na que cabía un espazos de crítica política aberta. Aristófanes fixo comedias como Lisístrata, de claro signo antibelicista para criticar aos gobernantes cando Atenas estaba en plena guerra coa cidade de Esparta por exemplo. Pero coa entrada nunha nova etapa a Comedia tivo que cambiar de temática e pasou á comedia onde os conflitos amorosos son o tema central das tramas cómicas.
Herdado este modelo por Roma, cando os romanos se apoderaron de Grecia, trouxeron e espallaron por Italia un tipo de obras copiadas das gregas. Os personaxes polo nome parecen gregos, pero no fondo son moi romanos, porque retratan e usan a lingua, ditos e costumes propios da sociedade romana aínda que a acción teatral se situe en Grecia. Só así un romano podería consentir que un escravo como Sosias fose tan atrevido co seu amo.
O PRÓLOGO
DÚAS SOSIAS
ALCMENA E XÚPITER
AS DÚBIDAS DOS VERDADEIROS SOSIAS e ANFITRIÓN
O PRIMEIRO ENCONTRO DE ANFITRIÓN E DE SOSIAS CON ALCMENA?
ATA SOSIAS CONFUNDE A XÚPITER CON ANFITRIÓN
MERCURIO DETÉN AO VERDADEIRO ANFITRIÓN
XÚPITER FRONTE A ANFITRIÓN
XÚPITER ACTÚA PORQUE O PARTO SE ACHEGA E... BROMIA NARRA O ACONTECIDO AO SEU AMO
ANFITRIÓN AGRADECE A XÚPITER A SÚA VISITA CARGADA DE SORPRESAS
Hai un gran traballo actoral do GRUPO NOITE BOHEMIA da Coruña, o que representa Anfritrión de Plauto en Tui, pero ademais de transmitirlle os nosos parabéns pola dedicación e o esforzo, non podemos deixar de realizar unha crítica necesaria á versión que presentan. NOITE BOHEMIA opta por unha versión actualizada da obra plautina. Veremos que un dos protagonistas: Sosias convértese nunha escrava, a escrava SOSIAS, entroutras reinterpretacións que achegan ao público de hoxe con chistes de hoxe a un texto ben antigo.
A pregunta é se dado que se actualiza un texto clásico naqueles momentos que se procuraba en Plauto provocar o riso con alusións cómicas ou equívocos e xogos de palabras con dobres sentidos, ironías, etc... non se podería entón facer que unha boa parte destes textos e elementos riseiros tivesen unha carga menos machista e menos manida? Se nos propoñemos actualizar logo corremos o risco de caer en lastimosas e obsoletas fórmulas á hora de facer rir nada actuais. É este o teatro que desexamos vexan as novas xeracións de rapaces e rapazas?
Non é malo que milleiros de alumnos vexan obras gregas e latinas como as que se representan neste Festival de Teatro Grecolatino, pero hai que lograr dar un paso máis ou ben mantendo unha fidelidade severa cos textos orixinais con todos os seus defectos e virtudes, ou ben tender nas actualizacións dos textos a crear un modelo de teatro realmente moderno e actual, que beba do clásico no que este teatro ten de bo e queira de verdade reinterpretar e situar no século XXI o que se representa. A temática dos enredos amorosos como a que presenta esta comedia reclama pois unha versión máis audaz e realmente creativa que se saiba liberar dos grandes lastres que o pasado conleva.
Despois de ver e disfrutar da representación da obra toca analizar a lectura de Anfitrión de Plauto seguindo as directrices que o libro de lectura establece na súa guía didáctica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario