Imos comezar para evidenciar esta tendencia da mitoloxía clásica a falar da creación dos mortais que na mitoloxía grega presenta unha serie de relatos complexa (hai ata catro formas distintas de explicar a aparición dos seres humanos). Pois ben, os primeros seres humanos en nacer serán os homes de sexo masculino e logo chegará Pandora, a primeira muller.
Ademais de chegar de segundas, virá cargada dunha serie de calidades moi machistas como poderedes apreciar, unha primeira ao ser considerada "un agasallo". A etimoloxía é moi clara, o nome de Pandora en grego significa "o agasallo de todos (os deuses)" unha clara "cosificación" (como se unha persoa, neste caso a muller, fose unha cousa, un obxecto) e aínda que a palabra "agasallo" ou "presente" pode entenderse, en principio, como algo bo, veremos que as intencións de semellante entrega por parte dos deuses ten como finalidade procurar un castigo eterno a todos os mortais.
Finalmente, Pandora aparecerá solapada e á sombra doutro nome, o dun deus que, a pesar de ser un Titán, está debuxado con calidades positivas, propias dun verdadeiro heroe. Trátase de Prometeo, o amigo dos mortais.
Podemos ver este relato desde a óptica habitual, a do mito de Prometeo, pero é moi interesante para o mundo de hoxe darlle a volta e poñer en primeiro plano a cuestión da muller, non cres?
Cuestións:
1-RESUME O MITO DE PROMETEO E PANDORA
2- INVESTIGA: Ata o de agora estivo moi presente nos mitos que contamos a presenza do matriarcado e da deusa nai e outras poderosas deusas: Xea, Rea... pero coa aparición de Zeus e mitos como o de Prometeo e Pandora imos percibir un cambio e o carácter equilibrado e mesmo dominante de elementos femininos vaise ir diluíndo nunha serie de mitos con fortes cargas patriarcais e machistas, Ocorre isto mesmo noutras mitoloxías? Investiga se é así nos relatos das primeiras mulleres noutras mitoloxías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario