Ás veces para voar só precisamos volver a vista atrás. Imos logo tentar, sen desapegarmos do presente no que vivimos, botar unha ollada ao pasado por ver que nos depara e como nos sorprende... axiña descubriremos que á beira emerxen testemuñas daquel pasado inmenso dispostas a falar do que fomos, agochado por veces baixo un lixeiro verniz que o devalar do tempo deixou sobre os obxectos...
Aprenderemos quen somos porque o presente de Europa non pode ser sen un pasado clásico que sendo antigo non deixa de estar vivo en cada un dos seus pobos de xeito distinto. De seguido logo, postos a andar desde esta Fisterra sen esquecer o Atlántico, chegaremos a Grecia e logo a Roma porque estas dúas culturas mediterráneas moito teñen que dicir sobre o camiño andado e por andar polos galegos/as, sen deixar de preguntar: Que hai do noso?
Ningún comentario:
Publicar un comentario