A porta dos Leóns de Micenas |
AS PRIMEIRAS ETAPAS DA GRECIA ANTIGA:
- Creta e Micenas
Tesouro das Tumbas Reais de Micenas |
- GALAICOS:
- A Exposición.
- OS ÁMBITOS
A modo dunha primeira valoración da nosa experiencia na Exposición:
GALAICXS
Exposición
É unha exposición para analizar a importancia da nosa primeira gran
cultura, a cultura dos castros e a súa evolución ao longo de arredor de 2000
anos, partindo da prehistoria , a aparición do pobo que os romanos denominaron
Galaicos, reparando na romanización e comezo do influxo do cristiá. Unha
análise que repara especialmente na relación fundamental para a comprensión
global deste pobo que pivota entre dous mundos: o Atlántico e o Mediterráneo. Imos fixarnos nesta Exposición nos restos arqueolóxicos que rescatamos
nunha serie de excavacións da Provincia de Pontevedra que tanto serán restos
pétreos, metálicos ou cerámicos
Ámbitos
1- CAMPESIÑOS
E GUERREIROS? IDADE DE BRONCE FINAL (1.500-800 a . n. e)
Exposición Galaicos, en primeiro plano o Casco de Leiro. |
A primeira das
pezas que serven de introducción á Exposición, un obxecto de ouro que pode ser
un casco (Casco de Leiro) da idade do Bronce
que é moi representativo da influencia atlántica. Algo similar podemos
dicir do denominado Tesouro de Caldas que tamén se corresponde ao período dos petróglifos,
arte rupestre atlántica a primeira fórmula de domesticación da paisaxe
realizando marcas territoriais.
Por outra banda, comezan as evidencias dun contacto co
sur pola aparición dos depósitos ou atesouramentos de machadas de bronce ou das
ofrendas de espadas nas concas do río Ulla.
2- POBOADOS FORTIFICADOS. IDADE DE FERRO (800-400 a . n. e.)
O nacementos dos castros no comezo do primeiro milenio, primeiro
asentamento sedentario que modifica a vida seminómade de finais do Bronce e a introdución
do Ferro ( a coitela falcata do Castro
Alobre).
Guerreiro galaico |
Recreacción da entrada a un castro |
3- O ATLÁNTICO ÁBRESE AO MEDITERRÁNEO (400-19 a. n. e)
A apertura e rutas comerciais que unían o Mediterráneo co
Atlántico , industria da salazón existente antes da romanización ( A Lanzada )
documentada por pezas cerámicas púnicas ou cartaxinesas que procuran novas
rutas pola presión dun imperio, o de Roma, que acababa de nacer e tardaría en facerse
dono deste territorio do Noroeste peninsular.
4-NA ESFERA DE ROMA: GALLAECIA. SÉCULOS I-III
Os romanos que levaban tempo detrás das rutas do
estaño comezan no ano 137 a.n.e. as súas incursións no
territorio que logo de incorporado ao Imperio chamarán Gallaecia, rematando ese
proceso de conquista coas denominadas guerras cántabras (29-19 a.n.e.) o que supuxo unha chea de
transformacións nos modos de vida da poboación castrexa dende a aparición das
tellas nas edificacións até a latinización ( aras que dedicadas a deuses
indíxenas están escritas en latín así como as estelas, uso de cerámicas,
moedas, etc…)
.
5-A PROVINCIA DE GALLAECIA. FINAIS DO SÉCULO IV-VI
Gallaecia xa está integrada na cultura romana e será o Cristianismo un
elemento integrador que estenda a latinización definitivamente. Remata esta
viaxe pola antigüidade coa chegada
convulsa dos Suevos e a creación do 1º reino medieval de Europa, o Reino Suevo
que adopta as fórmulas romanas e unha forte compoñente critstiá, como demostra
a poderosa organización parroquial galega que aínda persiste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario