PREMIO Á MELLOR TRAXEDIA: ORFEO E EURÍDICE representada por 3º ESO A
PREMIO Á MELLOR COMEDIA: ANFITRIÓN representada por 3º ESO A.
PREMIO AO MELLOR ACTOR: Rubén Carnero de 4º ESO B que interpretou a Hades na traxedia : O rapto de Proserpina e a Eneas na comedia As mulleres e Eneas.
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ: Sabela Casal de 3º ESO A que interpretou a Eurídice na traxedia premiada e a Alcmena na comedia tamén premiada.
A actuación entregada de Sabela, a actriz recoñecida co Premio do público, decantou posiblemente cara ás obras nas que aparecía como traxedia e comedia mellores. Cremos de todos os xeitos que se ben é certo que sabela foi brillante na súa interpretación o traballo actoral de moitos e moitas das participantes debemos dicir que en gran medida foi ensombrecido ao ben compartir reparto con ela, como no caso de Marta Folgar e Mayra Carramal, mesmo das grandes actrices doutros grupos que ademais tiñan papeis máis colectivos como é o caso de Lucía Madero, Ángela Rosales, Alba Domínguez, Claudia Vilas e Antía Vidal de 3º ESO B que realizaron un traballo impecable tanto na traxedia como na comedia que representaron. Hai que facer unha mención especial dentro das actrices a Raquel Catalán, de 2º ESO A que interpretou magnificamente a Pimpinela.
No tocante ás interpretacións masculinas foron en xeral menos brillantes e xulgadas como máis semellantes polo público asistente. Rubén Carnero con dous papeis (Hades e Eneas) de 4º ESO B gañou por un voto a Víctor de La Torre (Orfeo) de 3º ESO A e este sacoulle un só voto de diferencia ao seu compañeiro de reparto J. M. R. Currás (Anfitrión) quedando de cuarto Yerai Pazos de 2º ESO A interpretando ao Sr. Fuco.
Botouse de menos a división en dúas partes con descanso no intermedio, e poder facer entrega no mesmo día dos diplomas aos vencedores.
REPORTAXE FOTOGRÁFICA de Alberto Rouco:
PIMPINELA 2ºESO A
3ºESO A: ORFEO E EURÍDICE/ ANFITRIÓN
3º ESO B: O XUÍZO DE PARIS/ MULLERES QUE NON SON FIARON LÁ.
4º ESO B: O RAPTO DE PROSERPINA/ AS MULLERES E ENEAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario