venres, 5 de setembro de 2025

UNIDADE CERO: Memoria et cultura

  

A dependencia da memoria que toda cultura ten está intimamente relacionada coa capacidade do ser humano de exercer a súa identidade.  A identidade é unha marca social, Todas as persoas precisan da identidade, aínda que esa necesidade non require ser consciente dela e moito menos das dimensións culturais complexas da nosa forma de ver o mundo. Esa extensión que denominamos universal, realmente non é tal, senón que é o reflexo dunha cultura occidental ou europea tamizada polo lugar onde nacemos e aprendemos da vida.    Ti es unha persoa do planeta Terra, mais a túa condición de galega, peninsular e europea, á vez, determina a túa identidade. Esta materia trata disto, de facer memoria para tomar conciencia, da chamada Cultura Clásica para coñecer a persoa que estamos construíndo.

O cualificar de Clásica a esta  faceta da cultura está asociado ao afán de ser modélica, referencial e inescusable.  Mais todo é discutible, mesmo é importante caer na conta de que a cultura debe ser inconformista e crítica consigo mesma. De aí que o apelido Clásica tentemos buscarlle outras aplicacións e debamos indagar solucións inusitadas.    

Esta materia procura logo a empatía co edificio que estás a levantar. Poderá esta casa do saber de min, de nós, como todas as casas, estar mellor ou peor rematada, máis ou menos decorada, responderá todo isto ao esforzo que poñamos nesta empresa.  É vital a curiosidade por coñecermos a nós mesmos, esencial escoitar e debater. Atopar o camiño pertinente por andar, un percorrido que como toda viaxe pode ser detallada ou vivida de formas diferentes, unha excursión de fondura variable en función dos intereses de cada quen e cuxos resultados serán polo tanto felizmente diversos, ineludiblemente particulares. Dispón a túa vontade e boa viaxe!


COMEZAMOS: 1ª reflexión:


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario