1ª Avaliación:
1-
Realiza
un debuxo do mapa de Mediterráneo estudado
no que aparezan: península Ibérica, de Italia e Grecia, Turquía e a
costa onde está Siria e Israel. Non esquezas o norte de África e algunha das
illas máis importantes.
2-
Escribe
o alfabeto grego en maiúsculas e minúsculas.
3-
Como
definirías a Cultura Clásica? Os nomes da clase que orixe etimolóxica teñen? A
que se debe?
4-
Que
é un mito? Que tipo de relatos consideramos hoxe mitos? O mito é relixión
ou historia? Razoa a resposta.
5-
Quen
son os aedos? Que sabes de Homero? Que relación ten o mito coa literatura?
6-
Explica cal foi o proceso que seguiu a
Humanidade para lograr inventar o alfabeto.
7-
Define
o indoeuropeo. Cales son as cinco familias lingüísticas máis grandes do mundo?
8-
Sócrates
e a escritura: “...Cando
chegaron ao das letras, dixo Theuth:-Este coñecemento,oh rei, fará máis sabios
aos exipcios e de máis memoria, pois se inventou como un fármaco da memoria e
da sabedoría.
Pero el respondeu: -Oh artificioso Theuth! A
uns élles dado crear arte, a outros
xulgar que dano ou proveito aporta aos que pretenden facer uso dela. E agora ti, precisamente, pai que es das
letras, por apego a elas, atribúelles
poderes contrarios aos que teñen. Porque é obvio o que producirán nas almas de
quen as aprendan, ao descoidar a memoria, xa que, fiándose do escrito, chegarán
ao recordo desde fóra, a través de signos alleos, non desde dentro, desde eles
mesmos e por si mesmos. Non é, pois, un fármaco da memoria o que atopaches,
senon un simple recordatorio. Aparencia
de sabedoría é o que ensinas aos teus
alumnos, que non verdade. Porque tras escoitar moitas cousas sen aprendelas,
parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos
casos...”
2ª Avaliación:
2-HISTORIA: Que
sabes do nacemento, características, evolución e destrucción da civilización
minoica?
3-Que sabes do nacemento, características, evolución e
destrucción da civilización micénica?
4-LINGUAS: Que son o lineal A e o lineal B?
5-MITOS: Narra brevemente: Teseo e
o Minotauro. Dédalo e Ícaro.
6- Narra brevemente: O segredo de Prometeo e a voda de Tetis e Peleo.
7- Que pasou con Europa, a princesa
fenicia? Como naceron Aquiles,
Paris e Helena?.
8-LENDO AOS CLÁSICOS: Explica o
mito dos andróxinos que conta Platón.
9-DE ONTE A HOXE:
Quen era Asterión? Que visión
ofrece Borges deste personaxe? El fala
do “Palacio de las hachas” A que
mito fai referencia? Quen inventou este mito? Razoa as respostas.
10-ARS LONGA: Numera, identifica e comenta o contido das seguintes ilustracións.
3ª Avaliación:
10-ARS LONGA: Numera, identifica e comenta o contido das seguintes ilustracións.
1-
A xeografía da Ilíada de Homero: a-EXEO, b-ÍTACA, c-Cnossos, d-Troia, e-Micenas f- Esparta, g-Pilos, h-HITITAS
2-
Que é a
Épica? Que sabes de Homero
3-
Que descubrimentos fixo H. Schliemann?
Que sabemos polas excavacions, Blegen e as máis recentes dos anos 90?
Que nos transmiten os textos en lineal b e dos hititas?
4-
ILÍADA.Cales son as razóns históricas e mitolóxicas da
guerra de Troia? Como aparecen na
película TROIA?
5- TEXTOS: A Ilíada comeza no _____ ano do _________ de Troia. Quen son
Criseida e Briseida? Explica cal é o tema central?
Despois
de ler o texto, identifica quen interven, a que momento corresponde: Posto que Febo Apolo me quita a Criseida,
encamiñándome eu mesmo a túa tenda, levareime a Briseida, a de fermosas
meixelas, a túa recompensa, para que saibas canto máis poderoso son.....Tal
dixo. Perturbouse o Pélida, e dentro do veludo peito o seu corazón discorreu
dúas cousas: ou, botando a man á aguda espada que levaba, abrirse paso e matar
ao Atrida, ou calmar a súa cólera e reprimir o seu furor. Mentres tales
pensamentos revolvía na súa mente e no seu corazón e sacaba a gran espada, veu
Atenea do ceo: enviouna Hera, a deusa dos níveos brazos, que amaba cordialmente
a entrambos e por eles se preocupaba. Púxose detrás del Pélida e tiroulle da
blonda cabeleira, aparecéndose a el tan só; dos demais, ninguén a vía.
6-
Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos.
Que deuses apoian a Troia e cales a Grecia. Como remata a Ilíada de Homero?
7-
VIII-VERDADEIRO OU FALSO : Homero ou a mitoloxía non o contan así:
Menelao morre tras do combate con
Paris:
Paris foxe de Menelao envolto nunha néboa grazas a Afrodita:
Patroclo combatía con Héitor coa
armadura encargada por Tetis a Hefesto:
Agamenón morre na toma de Troia:
Hécuba era a esposa de Príamo:
Casandra anunciou os perigos que
traerían para Troia Paris e o cabalo dos gregos.
Andrómaca, muller de Heitor, vai
escapar de Troia con Helena.
Eneas vai ser case que o único
heroe troiano que escapa da matanza de Troia.
Aquiles estaba dentro do cabalo
de Troia.
8-
Sobre a morte de Aquiles, a versión do cine sitúao dentro de Troia, que
hai de certo? Como morre Paris?
9-
O cabalo de Troia que sabemos del pola
mitoloxía e pola arqueoloxía?
10- Cal vai ser o motivo do retraso do regreso de Odiseo? Comenta as
ilustracións:
3ª Avaliación
Ningún comentario:
Publicar un comentario